miniatura|250px|Como indican os seguintes signos, Sopron/Ödenburg é unha cidade bilingüe en alemán e en húngaro. Sopron, pronunciado xopron (en alemán Ödenburg), é unha cidade de Hungría situada preto da fronteira con Austria, na rexión montañosa de Alpokalja. A cidade ten 56.394 habitantes (2005) e caracterízase pola súa importante produción de viños branco e tinto.
Arquitectura
A arquitectura da zona antiga da cidade amosa a súa longa historia; existen numerosos muros do tempo do Imperio Romano, xunto coas barrocas estruturas medievais, renacentistas, e barrocas froito de longas décadas de prosperidade.
Na cidade existe unha antiga sinagoga testemuño da antiga comunidade xudía expulsada no século XVI.
Ligazóns externas Sitio do concello (Inglés) Fotografías aéreas de Sopron
Categoría:Cidades de Hungría