A enfermidade de refluxo gastroesofáxico, tamén coñecida como en inglés Gastroesophageal reflux disease (GERD; segundo as siglas en galego ERGE e DRGE)GERD é un acrónimo de "Gastro Esophageal Reflux Disease"; tamén é chamada "Gastro-Oesophageal Reflux Disease (GORD). En galego, o termo non aparece no dicionario galego de termos médicos mais o bUSCatermos admite os acrónimos DRGE e ERGE, coincidentes cos da lingua portuguesa [busca.htm#138644]. é un trastorno dixestivo crónico que afecta a parte do corpo que vai da boca até o estómago.

Descrición Caracterízase polo movemento do contido gástrico cara atrás no esófago, provocando síntomas como ardor no peito,A sensación de calor chámase comunmente "azia" ou "ardentía". En inglés chámase heartburn pero non ten nada que ver directamente co corazón. regurxitación de comida ou líquido amargo, e dor ao tragar.

Prevalencia A ERGE é unha condición común que afecta a unha porcentaxe significativa da poboación mundial. A súa prevalencia varía segundo a rexión xeográfica, os hábitos dietéticos e o estilo de vida da poboación. Estímase que un 40% da poboación experimenta refluxo gástrico eventual, pero este non sempre se converte en ERGE. En menos de tres décadas esta doenza incrementouse significativamente, en máis dun 70%.

Factores de risco Os factores que poden incrementar o risco de desenvolver ERGE inclúen obesidade, o consumo de certos alimentos e bebidas, o uso de medicamentos que relaxan o esfínter esofáxico inferior, o tabaquismo, e cambios hormonais durante a gravidez.

Diagnose O diagnóstico da ERGE xeralmente baséase nos síntomas reportados polo paciente. Pode ser confirmado con probas como a endoscopia dixestiva alta, a manometría esofáxica, e a monitorización do pH esofáxico. A detección precoz e o tratamento adecuado son cruciais para previr complicacións. Durante a pandemia de Covid-19 impulsáronse técnicas educativas debido ás restricións de interacción cos pacientes, incluíndo simulacións de endoscopia e plataformas de aprendizaxe en liña.

Tratamento O tratamento inclúe cambios no estilo de vida, como modificar a dieta e evitar deitarse inmediatamente despois de comer. Medicamentos como os inhibidores da bomba de protóns e antiácidos poden axudar a controlar os síntomas (por exemplo o omeprazol). En casos graves, pode ser necesaria a cirurxía.

Complicacións Se non se trata, a ERGE pode levar a complicacións graves, incluíndo esofaxite erosiva, que é a inflamación e dano ao revestimento do esófago; estreitamento do esófago, tamén coñecido como estenose esofáxica, que pode dificultar a deglutición; úlceras esofáxicas, que son feridas abertas no revestimento do esófago; e o esófago de Barrett, unha doenza onde o tecido normal do esófago cambia a un tipo de tecido similar ao revestimento do intestino, aumentando o risco de cancro esofáxico.

Véxase tamén

Outros artigos

Esófago Esofaxite Hernia Hernia de hiato Cancro de esófago Cancro de estómago Proba de pH esofáxico Manometría esofáxica Ligazóns externas

MedicineNet, GERD National Digestive Diseases Information Clearinghouse (NDDIC), GERD Arquivado MedlinePlus, GERD

Categoría:Doenzas dixestivas