Jordi Pujol i Soley, nado en Barcelona o 9 de xuño de 1930, é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003. É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola no ano 1956, xuntos teñen 7 fillos.
Traxectoria Franquismo Pujol foi arrestado en 1960 polas súas actividades antifranquistas, e foi sentenciado a sete anos de prisión, dos cales cumpriu dous e medio na prisión de Zaragoza e un de confinamento na cidade de Xirona. Liderou as campañas contra o director de La Vanguardia Luis de Galinsoga, ou os Feitos do Palacio e "Queremos Bispos Cataláns". Unha vez en liberdade, volveu á actividade política co obxectivo de organizar un movemento nacionalista catalán. Presidiu a entidade financeira Banca Catalana a cal foi un centro de financiamento de actividades culturais catalás, como o grupo Enciclopèdia Catalana, Òmnium Cultural ou a Llibreria Ona.
Fundación de Convergència Un dos impulsores da Asemblea de Cataluña, en 1974 foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya, e foi elixido secretario xeral. Foi conselleiro da Generalitat de Catalunya en tempo do presidente Josep Tarradellas.
Presidencia da Generalitat Foi elixido presidente da Generalitat en 1980, e reelixido no 1984, 1988, 1992, 1995 e 1999. No ano 2003 ao acabar o seu último mandato, retirouse da primeira liña política, deixando a dirección do partido en mans de Artur Mas.
Categoría:Presidentes da Generalitat de Cataluña Categoría:Políticos de CiU Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1930 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Ramon Llull Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)