Johann Paul Friedrich Richter, máis coñecido como Jean Paul e ás veces como Jean Paul Richter ou só como Richter, nado en Wunsiedel, Baviera, Alemaña, e finado o 21 de marzo de 1763 en Bayreuth, Baviera, no 14 de novembro de 1825, foi un escritor novelista alemán e tivo moitos seguidores en Europa, sendo as súas obras moi populares no século XIX, a principios de século.

Polo seu enfoque sobre a conciencia e os soños, é considerado por algúns un precursor da psicanálise.

Traxectoria

Orixe Era fillo dun ministro protestante e estudou teoloxía en Leipzig.

Utilizou o alcume de Jean Paul en referencia ao escritor Jean-Jacques Rousseau.

Obras de finais do XVIII Despois de 1787 publicou os seus primeiros contos famosos: Auswahl aus des Teufels Papieren nebst einem nöthigen Aviso vom Juden Mendel (1789, "Pasaxes escollidos dos papeis do demo xunto cun informe necesario sobre o xudeu Mendel"), Maria Wuz (1790) e Die unsichtbare Loge (1793, "A loxa invisible"). Con Hesperus (1795) alcanzou gran fama; despois viñeron obras importantes: Blumen-, Frucht-, und Dornenstücke (1796, "Pezas de flores, froitas e espiñas", tamén coñecido baixo o nome do heroe Siebenkäs), Quintus Fixlein (1796) e a novela didáctica Titan (1800-1803), a súa obra mestra.

Obras do século XIX

En 1804 estableceuse na cidade de Bayreuth, e alonxouse das ideas neoclásicas do pasado e dos románticos posteriores, perdendo o seu entusiasmo por elas, aínda que non perdeu o sentido do humor: Dr. Katzenbergers Badereise (1809, "A viaxe de baño do doutor Katzenberger") e Des Feldpredigers Schmelzle Reise Nach Flätz mit forgehenden Noten (1809, "A viaxe do capelán militar Schmelzle a Flätz con notas preliminares").

Notas

Véxase tamén

Friedrich Hölderlin Friedrich Schiller Johann Gottlieb Fichte Johann Wolfgang von Goethe Literatura alemá Neoclasicismo Novalis Romanticismo

Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Romanticismo Categoría:Nados en Baviera Categoría:Nados en 1763 Categoría:Finados en 1825