A Cidade Deportiva Dani Jarque (en ) é un campo de fútbol situado en Sant Adrià de Besòs. Utilizado como campo de adestramento polo RCD Espanyol, xogan nel os seus partidos como locais o Espanyol B e o Espanyol Feminino. Foi inaugurado en 2001.
Historia Cunha superficie de 60.000 m2, o centro de adestramento foi inaugurado no ano 2001 co nome de Ciutat Esportiva del RCD Espanyol, pero axiña pasou a ser coñecido popularmente como Sarrià, en referencia ao histórico estadio do RCD Espanyol, o Estadi de Sarrià. Con todo, en xaneiro de 2012, o presidente do club Ramón Condal anunciou que o centro sería rebautizado oficialmente como Ciutat Esportiva Dani Jarque en memoria do falecido capitán do Espanyol Dani Jarque.
Instalacións miniatura| Tenda oficial RCDE na Cidade Deportiva
O Estadio Ciutat Esportiva (107 x 68 metros), cunha capacidade de 1.520 asentos, é a sede do Espanyol B, filail do Espanyol, e tamén xogan nel os equipos xuvenís do club e o equipo feminino. 1 campo de herba natural (107 x 68 metros). 2 campos de herba artificial (90 x 63,5 metros cada un). 7 minicampos con campo artificial (60 x 33 metros cada un). Campo de adestramento de herba natural para porteiros. Campo de actividades multideportivas de herba artificial. Centro de servizos con ximnasio, restaurante, etc. Aparcadoiro cunha capacidade para 150 coches.
Notas
Categoría:Campos de adestramento de fútbol de España Categoría:RCD Espanyol