José Camilo Soto Losada, nado en Maside en 1876 e finado en Vilanova dos Infantes en 1952, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Cando o seu pai, Manuel Soto Fernández, militar, foi destinado a Celanova, trasladouse coa familia. Foi contable dunha familia de terratenentes e despois estivo empregado na Tabacaleira de Celanova.El Miño, 11-8-1908, p. 1. Fíxose mestre e exerceu en Salriago de Olveira (1911),El Magisterio Español, 19-10-1911, p. 13. San Pedro de Laroá (Xinzo de Limia),El Magisterio Español, 14-12-1911, p. 13. Proente (A Merca) en 1913,El Magisterio Español, 14-8-1913, p. 16. Castromao (por consorte en 1916)El Magisterio Español, 3-10-1916, p. 15. e San Fiz (Soutomaior, Taboadela). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Taboadela o 31 de xaneiro de 1924.La Zarpa, 5-2-1924, p. 2. Foi elixido membro da xunta asesora da Unión Patriótica de Taboadela en 1927.La Región, 6-2-1927, p. 1. Despois foi mestre en Viso-Canedo, permutando para Oxén (Sobreira, Vilamarín) en maio de 1935.El Pueblo Gallego, 15-5-1935, p. 4. Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Foi detido en Tamallancos e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 12 de agosto. Trasladado ao cárcere de Celanova o 25 de agosto,Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 877 permaneceu detido até novembro de 1936. Como resultado do proceso de depuración foi sancionado coa separación definitiva do servizo e baixa na escala en 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Foi vivir de alugueiro a unha casa en Vilanova e despois instalouse en Celanova. Viviu de facer traballos, algúns como procurador.

Vida persoal

Casou coa mestra de Vilanova dos Infantes Sara Fernández Salgado, e foi pai de Luís, Inés, Sara, Celia, Marina e Xulio Soto Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Os cadernos de Camilo Soto

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Taboadela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1952