Víctor Fernández Freixanes, máis coñecido como Víctor Freixanes ou Víctor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega, cargo que desempeñou até 2025, cando foi substituído por Henrique Monteagudo.

En 2025 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Traxectoria Formación e escrita miniatura|esquerda|Freixanes en 2009. miniatura|dereita|Víctor Freixanes e Juan Manuel Lema Rodicio, senllos presidentes da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Ciencias en 2023. Fillo de Víctor Fernández Barcia e Consuelo Freijanes Domínguez. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973. Tras unha estancia en Madrid traballou no departamento de actividades culturais de Radio Popular de Vigo e foi profesor colaborador do ICE en Vigo. Desde entón iniciou un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión. En 1976 saíu do prelo o seu primeiro libro, Unha ducia de galegos, un libro de entrevistas e en 1980 publicou Memoria dun fuxido. Gañou o premio Modesto R. Figueiredo en 1978 con A caza de cascudas. Con O triángulo inscrito na circunferencia (1982) gañou o premio Blanco Amor. O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos césares (1993) son outras dúas novelas salientables de Freixanes.

Actividades Catedrático de Lingua e Literatura Galega (1ª promoción de 1981), exerceu a docencia en secundaria e despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor e conferenciante invitado en varias universidades estranxeiras: The Graduate Schooland University Center de Nova York, Forham University de NY, Universidade de Tamaulipas (México) etc., e relator de seminarios arredor da edición en feiras internacionais (Buenos Aires).

Colaborador habitual de medios de comunicación como La Voz de Galicia, tamén presentou na Televisión de Galicia o programa dedicado aos libros e á literatura A Trabe de Ouro (1986-1987). Foi cofundador de Teima (1976), redactor entre 1974 e 1980 de Radio Popular de Vigo, onde activou a presenza do idioma galego. Nesa mesma época foi correspondente do xornal Informaciones para Galicia e norte de Portugal. Codirixiu a revista Grial (Revista Galega de Cultura) xunto con Henrique Monteagudo entre 2003 e 2026.

No ámbito empresarial, foi director xeral de edicións Xerais (1988-1993), director de edicións do Grupo Anaya e de Alianza Editorial (1994-1998), e foi director xeral da editorial Galaxia de 2002 a 2016. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial que mostra unha ampla e variada visión histórica de Galicia.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de febreiro de 2004 co discurso Desafíos para un novo século. Entre a Trabe de Ouro e a Paxariña de Armenteira, respondido por Antón Santamarina Fernández, ocupando a cadeira de Carlos Casares, tamén editor e escritor. O 28 de marzo de 2017 substituíu a Xesús Alonso Montero como presidente da Real Academia Galega, e foi reelixido en 2021. O 4 de abril de 2025 foi substituído no cargo por Henrique Monteagudo. É membro do plenario do Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. Presidiu a Fundación Otero Pedrayo (2005-2017), da que foi presidente de honra mentres presidiu a RAG. Foi membro do Patronato da Fundación Germán Sánchez Ruipérez participando na creación da Casa del Lector (Madrid, 2010).

Vida persoal Casado con María Dolores Cabrera Iglesias, é pai de Diniz Cabreira e mais de Tristán Fernández Cabrera.

Obras miniatura|200px|A cidade dos Césares foi incluída na Biblioteca Galega 120. Ensaio Unha ducia de galegos (1976). Vigo: Galaxia. Ed. de 2017, 336 páxs. ISBN 978-84-9151-065-9. Memoria dun fuxido (1980). Vigo: Xerais. O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936 (2019). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-531-8. ePub: ISBN 978-84-9121-535-6. Pontevedra, O día en que perdemos o mar (1989). Vigo: Ir Indo. Con fotografías de X. Vilar Cardona. 257 páxs. ISBN 978-8476800270.

Narrativa O triángulo inscrito na circunferencia (1982). Vigo: Galaxia. Foi traducida ao castelán. 2ª ed. 2018, 508 páxs. ISBN 978-84-9151-298-1. O enxoval da noiva (1988). Vigo: Galaxia. 268 páxs. ISBN 978-84-7154-604-3. O enxoval da noiva. Parábola da fin do mundo (2024). Vigo: Galaxia. 276 páxs. ISBN 978-84-1176-3479. A cidade dos Césares (1993). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475077192. 2002 (2ª), 408 páxs. ISBN 9788483028414. Despois incluída na Biblioteca Galega 120, co nº 86. Ed. corrixida e revisada en Galaxia (2022), 426 páxs., ISBN 978-84-9151-914-0. Cabalo de ouros (2010). Galaxia. 368 páxs. ISBN 978-84-9865-328-1. Traducido ao castelán no 2012 como Caballo de oros, publicado en Siruela. Asalto ao tren da Portela (2023). Vigo: Ed. Elvira. En "A Caeira. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-2-3. Conto.

Traducións Cartas desde o meu muíño (1983). Vigo: Xerais. (Lettres de mon moulin, 1870), de Alphonse Daudet.

Obras colectivas Traballos premiados no 4º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro (1978). Ediciós do Castro. 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Xermolos. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Galaxia. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais. Abrir Vigo ó mar (1996). Consorcio da Zona Franca de Vigo. Canda Álvarez Cáccamo, Casares, Garrido, Fernández del Riego et al. Johan de Cangas, Martín Codax, Meendinho. Unha fotobiografía (1998). Xerais Galicia, unha luz no Atlántico (2001). Xerais A memoria de Pontevedra (2001). Xerais. Palabras con fondo (2001). Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001). Consello da Cultura Galega. Un futuro para a lingua (2002). Xunta de Galicia. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega, Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora. Fermín Penzol: unha obra para un país (2010). Galaxia. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia. Compostela. Relato Curto (2025). Xerais miniatura|Víctor Freixanes, Camilo Nogueira, Ana Gandón e Fernando Martínez Randulfe en 2016.

Premios miniatura|Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 8/10/2017 Premio Modesto R. Figueiredo en 1978, por A caza de cascudas. Finalista do Premio Internacional da Prensa en Niza no 1980, por Memoria dun fuxido. Premio Blanco Amor no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia. Premio da Crítica de narrativa galega no 1982, por O triángulo inscrito na circunferencia. Premio da Crítica de creación literaria no 1983, por O triángulo inscrito na circunferencia. Premio da Crítica de creación literaria no 1989, por O enxoval da noiva. Premio Torrente Ballester no 1992, por A cidade dos Césares. Premio da Crítica de narrativa galega no 2010, por Cabalo de ouros. Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia no 2010, por Cabalo de ouros. 2012: 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires. 2025: Medalla Castelao. 2025: Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega