Adrián "Adri" Gómez Ramírez, nado en Cuenca o 17 de xaneiro de 1994, é un futbolista español que xoga no Unionistas, da Primeira División RFEF. Xogador versátil, pode xogar como defensa central ou como centrocampista defensivo.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Conquense, o EMF Cuenca e o Valencia e na tempada 2012/13 debutou co Valencia Mestalla na Segunda División B. Na campaña 2013/14 xogou no La Roda CF, antes de recalar en agosto de 2014 no Albacete B, da Terceira División.
O 6 de setembro de 2015 debutou co primeiro equipo do Albacete na Segunda División, nunha derrota por 1-3 contra o Real Oviedo. En 2018 saíu cedido ao Irtysh Pavlodar de Kazakhstán e ao seu regreso rescindiu o seu contrato co Albacete.
Tras un breve paso polo Podbeskidzie Bielsko-Biała da I Liga de Polonia, en 2019 volveu ao Valencia Mestalla no que xogou ata 2023, cando fichou polo Unionistas, da Primeira División RFEF.
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Cuenca, España Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca