Yidįįłtoo ou yidiiltoo é a tatuaxe facial tradicional das mulleres dos pobos hän e gwichʼin, pobos indíxenas de Alasca e o Canadá.
Historia A práctica remóntase a polo menos 10.000 anos. Tradicionalmente, as nenas hän gwich'in recibían as súas primeiras tatuaxes entre os 12 e os 14 anos, moitas veces coa primeira menstruación. Os misioneiros dos anos 1800 e 1900 prohibiron a práctica tradicional xunto con outras tradicións culturais.
A partir da década de 2010, algunhas nenas e mulleres indíxenas comezaron a recuperar a tradición.
Descrición As marcas típicas inclúen liñas verticais desde o beizo inferior que se estenden ata debaixo do queixo. Segundo o antropólogo tatuador Lars Krutak, a anchura das liñas e a separación entre elas estaban tradicionalmente asociadas a cal dos nove grupos de hän gwich'in pertencía a nena.
Pódense crear outras marcas nas tempas ou nas meixelas.
Método de aplicación O método tradicional é con paus e agullas feitas con ósos de paxaro. Algúns practicantes modernos usan agullas de tatuaxe.
Portadores de sona Quannah Chasinghorse, unha modelo de ascendencia hän gwich’in e sicangu oglala lakota, recibiu o seu primeiro yidįįłtoo con 14 anos.
Apropiación cultural Algunhas persoas non indíxenas usan marcas temporais, maquillaxe ou xoias que imitan o tradicional yidįįłtoo. Angelina Jolie foi criticada por levar xoias faciais que imitaban o yidįįłtoo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Kakiniit Tavlugun
Categoría:Tatuaxe Categoría:Arte corporal