Margarita Perveņecka, nada o 16 de xaneiro do 1976 en Riga, é unha dramaturga e escritora letoa. As súas obras son representadas en numerosos teatros de Letonia.
Traxectoria Margarita Perveņecka naceu en Riga o 16 de xaneiro do 1976. No 2001, graduouse en Cinema e Teatro pola Academia da Cultura de Letonia. Dende entón, publicou obras de diversos xéneros.
Estilo As súas obras destacan pola súa infrecuente concepción do mundo e a súa expresión poética, así como polo emprego de estranxeirismos, termos científicos e neoloxismos, co que consegue representar unha sociedade alienada.
Premios Foi galardoada co Literatūras gada balva ("Premio anual de literatura") pola súa novela Gaetano Krematoss (2011).
Publicacións
Teatro
Civilķēde jeb Jautrais karuselis (2002). Neaizmirstulīšu desas papīrs (2002). Drakula (2003). Ludviga prodžekts (2004). Man patika dedzināt (2012).
Guións
Rehabilitācija (2000). Atved mani mājās (2003).
Prosa
Visi koki aizgājuši (2006). Gaetāno Krematoss: atmiņas par gaismu (2011). Aspirantūra (2023).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Recensión de Aspirantūra (en inglés).
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Letonia Categoría:Escritores en lingua letoa