Chuza! foi unha rede social de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por Berto Yáñez e comezou a funcionar o 20 de febreiro de 2006 e o 25 de xullo de 2010 foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento. O proxecto pasou entón a mans da comunidade de usuarios, que reabriron a rede social ás poucas semanas e constituíronse en asociación cultural o 16 de outubro do mesmo anoChuza comezará a renacer este sábado , Galicia Confidencial (13/10/2010), consultado o 19 de maio de 2011.

Historia e descrición O sistema é un fork do software orixinal de Menéame desenvolvido por Ricardo Galli coma un clon de Digg.

Os usuarios, rexistrados ou non, filtran, valoran e comentan historias que proveñen de diferentes fontes de información tanto galegas como internacionais. En xullo de 2010, no seu peche había 5.710 usuarios rexistrados, 76.257 historias enviadas, e as historias recibiran 231.231 comentarios.

miniatura|Final da primeira etapa de Chuza! no fedello. O 22 de marzo de 2010 mudou o dominio de chuza.org a chuza.gl. O 24 de xullo de 2010 anunciou o seu peche, que se materializaría o día seguinte, o 25 de xullo. Uns meses despois, un grupo de antigos usuarios recuperou o dominio e creou unha asociación coa finalidade de recuperar a webChuza! prepara a súa volta , Xornal de Galicia, 17/10/2010..

Funcionamento Os usuarios rexistrados envían historias a Chuza! desta forma: A fonte orixinal ten que ter unha URL que é enviada a Chuza! por medio dun proceso de envíohttp://chuza.gl/submit.php de 3 pasos onde se describe a nova mediante título, tags, resumo e categorías. Ao final do envío da nova esta pasa a unha lista de pendentes, onde outros usuarios a votan positiva ou negativamente, de forma que a nova vai aumentando o seu "karma". Un proceso de cálculos matemáticos recorrentes en base a unha serie de algoritmos de análise social decide se as novas teñen suficientes votos para pasar á portada da web. Eses procesos tamén fan unha repartición do karma entre os usuarios aumentando ou diminuíndo ese valor que indica a "importancia" dun usuario na comunidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Chuza!

Categoría:Redes sociais Categoría:Sitios web en galego

ca:Chuza!