Augure é un filme belga de 2023 dirixido polo belga-congolés Baloji. Está protagonizado por Marc Zinga, Lucie Debay e Eliane Umuhire, e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 na sección Un Certain Regard o 23 de maio de 2023, onde gañou o premio New Voice.
É unha coprodución entre Bélxica, a República Democrática do Congo, Francia, os Países Baixos, Alemaña e Suráfrica, e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O congolés Koffi foi repudiado pola súa nai na súa mocidade por ser considerado "zabolo", un termo suahili para feiticeiro malvado. Tempo despois, volve ao Congo dende Europa para visitar á súa familia, xunto coa súa moza branca embarazada. A visita non sae ben xa que os antigos rituais e as supersticións persistentes das tribos locais seguen perseguindo a Koffi.
Personaxes Marc Zinga como Koffi Lucie Debay como Alice, esposa de Koffi Eliane Umuhire como Tshala Yves-Marina Gnahoua como Mama Mujila
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua lingala Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes da República Democrática do Congo Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suráfrica