Iti Mapukpukaw é un filme filipino de 2023 escrito e dirixido por Carl Joseph Papa. Carlo Aquino nterpreta a Eric, un animador sen boca impulsado pola súa nai para visitar o seu tío, o que leva ao regreso dun alieníxena que atopou na infancia coa intención de afastalo da Terra. O resto do elenco está composto por Gio Gahol e Dolly de Leon. Empregando rotoscopio e animación tradicional, Iti Mapukpukaw é a terceira longametraxe de animación de Papa, despois de Manang Biring (2015) e Paglisan (2018).

Iti Mapukpukaw estreouse en competición na 19ª edición do Festival de Cinema Independente Cinemalaya o 5 de agosto de 2023, gañando o premio ao mellor filme, mellor actriz secundaria (de León) e o premio NETPAC. É a primeira longametraxe de animación de Cinemalaya. Tamén foi o filme con maior recadación entre os proxectados en Cinemalaya dese ano.

Foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, sendo o primeiro filme animado presentado por Filipinas, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Eric leva unha vida bastante normal traballando como animador en Filipinas. Ten un apartamento bonito pero sucio, un traballo ben remunerado e un rapaz que lle gusta. Porén, unha cousa que destaca de Eric é que literalmente non ten boca.

Un día, recibe unha chamada da súa nai Rosalinda, que lle pide que vaia ver ao seu tío aparentemente perdido, só para descubrir que o seu tío leva días morto. Mentres aínda está en estado de shock, chega un extraterrestre familiar que quere levar a Eric da Terra. Este suceso fará que recorde o seu pasado e desvele os seus recordos.

Personaxes Carlo Aquino como Eric Gio Gahol como Carlo Dolly de Leon como Rosalinda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Filipinas propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua ilocana Categoría:Filmes en lingua filipina Categoría:Filmes de Filipinas Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Filipinas