José Santiago Crespo Pozo, nado en Redondela o 8 de xullo de 1909 e finado en Xunqueira de Ambía o 10 de novembro de 1978, foi un frade mercedario e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Maximino Crespo Rivas. Fixo os seus primeiros estudos en Vigo en colexios dos xesuítas e salesianos. Ingresou despois no convento da Mercé de Sarria, no que emitiu os votos en 1926. Pasou de aí ao mosteiro de San Xoán de Poio, para completar estudos de Filosofía e Teoloxía. Profesou a orde sacerdotal en 1931. Dentro da orde mercedaria ostentou postos directivos diversos, tanto en España como en América Latina. Durante a guerra civil foi voluntario nas tropas dos sublevados.

Foi membro correspondente de diversas institucións culturais, como a Real Academia Galega e a Real Academia da Historia. Da súa obra escrita cabería destacar os seus estudos de Heráldica, Xenealoxía e Lexicografía.

Obra publicada (selección) "Dos peleriños ingleses que viñan a Compostela". Logos, t. 5 (1935), p. 19-25. Santa Trahamunda. Leyenda sacra. Pontevedra, 1943. Ascendencia gallega de Bolívar. Bogotá, 1953. Linajes de Galicia en el Perú. Lima, 1953. Santa María de Pontevedra. Labras heráldicas y enterramientos de familias hidalgas, 1962. Monasterio de Poyo. Blasones y Linajes de Galicia. 4 tomos. Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1957-1965. Contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego. Madrid, 1963. Nueva contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego: con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario (galaico-portugués). 4 tomos. 1972-1985. Interpretación de algunos curiosos topónimos de Redondela y de sus municipios. Grial, VIII/29, 1970:341-351. 25 topónimos de Xunqueira de Ambía y su municipio: su significación y breve etimología. Grial, XI/39, 1973:87-92. «El difícil topónimo de Ambía». en La Región, Ourense, 27-IX-1978. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades da heráldica Categoría:Mercedarios de España Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Lingüistas da lingua galega