Píso apó tis thimoniés (en ) é un filme grego de 2022 dirixido e escrito por Asimina Proedrou, no seu debut como directora. O filme conta a historia dun pescador de mediana idade que, por mor dunha débeda crecente, comeza a pasar de contrabando refuxiados por un lago na fronteira norte de Grecia. Estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tesalónica na sección 'Meet the Neighbours Competition' o 11 de novembro de 2022.
Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Stathis Stamoulakatos como Stergios Eleni Ouzounidou como Maria Evgenia Lavda como Anastasia Christos Kontogeorgis como Christos Dina Mihailidou como Georgia Paschalis Tsarouhas como Dimitris Leonidas Alatsakis como Nikos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Macedonia do Norte Categoría:Filmes ambientados en 2015