A alabandina é un mineral formado por sulfuro de manganeso de fórmula química Mn2S, considerado unha pedra preciosa.
Aspecto
A alabandina preséntase normalmente en forma de cristales vermellos. Tamén poden aparecer cristais de alabandina de cor agrisada adoptando un brillo case metálico.
Lugares onde se atopa
Recibe o seu nome do lugar onde se descubriu, a antiga cidade de Alabanda, na rexión de Caria, hoxe pertencente a Turquía, aínda que tamén se encontra en Sri Lanka, no sur de Australia e en varias rexións europeas.
Usos da alabandina
Debido á súa condición de pedra preciosa a alabandina é usada na xoiería.
Outros sulfuros
Outros sulfuros son:
A pirita, a galena, a calcopirita, a arsenopirita, a pirrotina e a marcasita.
Categoría:Minerais