O desenvolvemento prenatal comprende o desenvolvemento do embrión e do feto durante a xestación dos animais vivíparos. O desenvolvemento prenatal comeza coa fecundación, no estadio xerminal do desenvolvemento embrionario e continúa no desenvolvemento fetal ata o nacemento.

O desenvolvemento do embrión humano prodúcese despois da fecundación e continúa co desenvolvemento fetal. Ao final da décima semana de idade xestacional, o embrión adquiriu a súa forma básica e denomínase feto. O seguinte período é o do desenvolvemento fetal, no cal se desenvolven completamente moitos órganos. Este período fetal é descrito tanto topicamente (por órgano) coma cronoloxicamente (por tempo) e os principais eventos indícanse pola idade xestacional na que ocorren.

Os estadios máis temperáns do desenvolvemento embrionario son moi similares en todos os mamíferos, pero as etapas finais do desenvolvemento e a lonxitude da xestación varían.

Terminoloxía No ser humano:

center|miniatura|900px|Etapas durante o embarazo. O desenvolvemento embrionario está marcado en verde. As semanas e meses están numeradas para unha xestación.

Veremos agora diferentes termos utilizados para describir o desenvolvemento prenatal, que significa desenvolvemento antes de nacer. Un termo co mesmo significado é o "anteparto". Porén, "anteparto" ás veces utilízase para referirse ao período entre a semana 24ª/26ª de idade xestacional ata o nacemento, por exemplo en hemorraxia anteparto.patient.info » PatientPlus » Antepartum Haemorrhage Last Updated: 5 de maio de 2009The Royal Women's Hospital > antepartum haemorrhage Consultado o 13 de xaneiro de 2009

O período perinatal (do grego peri, "arredor de") é o "período arredor do parto". Nos países desenvolvidos e nas instalacións onde se dispón de atención neonatal experta, considérase que vai desde as 22 semanas completas (normalmente 154 días) de xestación (o período no que o peso ao nacer é normalmente de 500 g) ata 7 días completos despois do parto.Definitions and Indicators in Family Planning. Maternal & Child Health and Reproductive Health. da Oficina Rexional Europea da Organización Mundial da Saúde. Revisado en marzo de 1999 & xaneiro de 2001. Á súa vez citando: WHO Geneva, WHA20.19, WHA43.27, Article 23 En moitos dos países en desenvolvemento económico o punto de comezo deste período considérase que é as 28 semanas completas de xestación (ou un peso ao nacer de máis de 1000 g).Singh, Meharban (2010). Care of the Newborn. p. 7. Edition 7.

Fecundación

miniatura|250px|Un espermatozoide fecundando un óvulo.

A fecundación ou fertilización marca o primeiro estadio xerminal do desenvolvemento embrionario. Cando o seme se libera na vaxina, os espermatozoides viaxan a través do colo uterino, e ao longo do corpo do útero, e entran nas trompas de Falopio, onde normalmente ten lugar a fecundación, concretamente na ampola. Libéranse unha gran cantidade de espermatozoides para que algún teña a posibilidade de adherirse e penetrar a grosa zona pelúcida protectora que rodea a célula ovo (óvulo). O espermatozoide que consegue entrar doa o seu material xenético (ADN) para que se combine co ADN da célula ovo, orixinando un cigoto unicelular. O termo "concepción" pode facer referencia á fecundación do óvulo polo espermatozoide, ou á formación do concepto despois da implantación do embrión na parede do útero, e o momento do comezo exacto do embarazo é discutido.

O cigoto desenvólvese dando lugar a un macho se o óvulo foi fecundado por un espermatozoide que levaba un cromosoma Y, ou nunha femia se o espermatozoide levaba un cromosoma X. O cromosoma Y contén un xene chamado SRY, que activa a produción de andróxenos nos estadios finais, o que causa a formación dun corpo de tipo masculino. A diferenza disto, o ADN mitocondrial do cigoto procede virtualmente todo do óvulo.

Desenvolvemento do embrión

miniatura|500px|Etapas iniciais da embrioxénese humana Despois da fecundación, a etapa embrionaria do desenvolvemento continúa ata o final da 10ª semana de idade xestacional (equivale á 8ª semana de idade de fecundación, xa que a idade xestacional empeza a contarse deste a última menstruación). As primeiras dúas semanas a partir da fecundación tamén se denominan estadio xerminal ou estadio preembrionario.

O cigoto pasa os seguintes 5 días descendendo polas trompa de Falopio á vez que se divide varias veces, formando unha bóla de células chamada mórula. Posteriores divisións celulares van acompañadas da formación dunha pequena cavidade entre as células, fórmano unha bóla oca. Esta estadio denomínase blastocisto. Ata este momento non houbo crecemento no tamaño total do embrión, xa que está confinado dentro da cuberta glicoproteica (zona pelúcida), e porque cada división produciu células sucesivamente máis pequenas.

O blastocisto chega ao útero aproximadamente ao 5º día despois da fecundación. O blastocisto eclosiona saíndo da zona pelúcida, o que permite que as células trofoblásticas da capa externa do blastocisto se poñen en contacto coas células do endometrio uterino e se adhiran a el. Os trofoblastos darán lugar finalmente a estruturas extraembrionarias, como a placenta e as membranas extraembrionarias. O embrión queda incrustado dentro do endometrio nun proceso chamado implantación. Nos embarazos máis exitosos, o embrión implántase de 8 a 10 días despois da ovulación. O embrión, as membranas extraembrionarias e a placenta denomínanse en conxunto concepto (conceptus) ou "produtos da concepción".

Prodúcese un rápido crecemento e as principais características do embrión empezan a tomar forma. Este proceso denomínase diferenciación, o cal produce os diversos tipos de células do corpo (xa que ao principio todas as células son iguais). Os abortos espontáneos no primeiro trimestre débense xeralmente a anormalidades xenéticas ou no desenvolvemento importantes no embrión. Durante este período crítico o desenvolvemento do embrión é tamén susceptible a exposicións a tóxicos ou circunstancias nocivas, como os seguintes: Alcohol, algunhas drogas e outras toxinas que causan defectos conxénitos, como a síndrome alcohólica fetal. Infeccións, como a rubéola ou o citomegalovirus. Radiacións por raios X ou por terapia de radiación. Deficiencias nutricionais, como a falta de folato, que contribúe á espiña bífida.

Nutrición O embrión pasa por 3 fases de adquisición de nutrición a partir da nai:Daftary, Shirish; Chakravarti, Sudip (2011). Manual of Obstetrics, 3rd Edition. Elsevier. pp. 1–16. . Fase de absorción: o cigoto nútrese do citoplasma celular e das secrecións das trompas de Falopio e cavidade uterina. Transferencia histoplásmica: despois da nidificación e antes do establecemento da circulación uteroplacentaria, a nutrición do embrión procede das células deciduais e das lagoas de sangue materno que se abren como resultado da actividade erosiva dos trofoblastos. Fase hematotrófica: despois da terceira semana de xestación as substancias transpórtanse pasivamente polo espazo interviloso.

Desenvolvemento do feto As primeiras dez semanas de idade xestacional é o período da embrioxénese e xunto coas primeiras tres semanas de desenvolvemento prenatal forman o primeiro trimestre de embarazo.

Da 10ª semana de xestación (8ª semana do desenvolvemento), o embrión en desenvolvemento chámase feto. Nese momento todas as principais estruturas están xa formadas, pero continúan crecendo e desenvolvéndose. Como os precursores dos órganos están agora formados, o feto non é tan sensible a danos pola exposición ambiental como o era o embrión. Con todo, a exposición a tóxicos a miúdo causa anormalidades fisiolóxicas e malformacións conxénitas menores.

Desenvolvemento de sistemas orgánicos O desenvolvemento continúa durante toda a vida do feto e na vida despois do nacemento. Poden ocorrer cambios significativos en moitos sistemas no período posterior ao nacemento, xa que o meniño se debe adaptar á vida fóra do útero.

Sangue fetal

A hematopoese ten lugar no saco vitelino. Esta función transfírese ao fígado na 10ª semana de xestación e ao bazo e medula ósea despois dese momento. O volume total de sangue é duns 125 mL/kg de peso corporal fetal preto do termo do embarazo.

Glóbulos vermellos

Os glóbulos vermellos megaloblásticos prodúcense desde cedo no desenvolvemento, e convértense en normoblásticos preto do término do embarazo. A duración da vida dos glóbulos vermellos prenatais é duns 80 días. O antíxeno Rh aparece aos 40 días de xestación.

Glóbulos brancos

O feto empeza a producir leucocitos aos 2 meses de idade xestacional, principalmente no timo e o bazo. Os linfocitos derivados do timo denomínanse linfocitos T (células T), mentres que os derivados da medula ósea son os linfocitos B (células B). Ambas as poboacións de linfocitos están formadas por grupos de curta vida e de longa vida. As células T de vida curta xeralmente residen no timo, medula ósea e bazo; mentres que as células T de vida longa se encontran na circulación sanguínea. As células plasmáticas derivan de células B e a súa vida no sangue fetal é de 0,5 a 2 días.

Glándulas A glándula tiroide é a primeira glándula que se desenvolve no embrión á 4ª semana de xestación. A secreción de insulina no feto empeza arredor da 12ª semana de xestación.

Desenvolvemento cognitivo A actividade eléctrica cerebral detéctase por primeira vez na 5ª semana de xestación. As sinapses non empezan a formarse ata a semana 17ª. As conexións neurais entre o córtex sensorial e o tálamo desenvólvense xa ás 24 semanas de idade xestacional, mais a primeira evidencia do seu funcionamento non aparece ata arredor de 30 semanas, cando aparece unha mínima consciencia, soños, e a capacidade de sentir dor.

Os avances na ecografía tridimensional permitiron unha visualización máis clara da maduración cortical temperá, incluída a aparición secuencial dos sucos e xiros primarios durante o desenvolvemento do cerebro fetal.

O coñecemento inicial dos efectos da experiencia prenatal no desenvolvemento neurofisiolóxico orixinouse no Estudo da fame holandesa, que investigou o desenvolvemento cognitivo de individuos nacidos despois da fame holandesa de 1944-45.Henrichs, J. (2010). Prenatal determinants of early behavioral and cognitive development: The generation R study. Rotteram: Erasmus Universiteit. Os primeiros estudos centráronse nas consecuencias da fame no desenvolvemento cognitivo, incluíndo a prevalencia de discapacidades intelectuais.Stein, Z., Susser, M., Saenger, G., & Marolla, F. (1972). Nutrition and mental performance. Science, 178(62),708-713. Tales estudos precederon a hipótese de David Barker sobre a asociación entre o ambiente prenatal e o desenvolvemento de condicións crónicas na vida posterior.Barker, D. J., Winter, P. D., Osmond, C., Margetts, B., & Simmonds, S. J. (1989). Weight in infancy and death from ischaemic heart disease. Lancet, 2(8663), 577-580. Os estudos iniciais non atoparon asociación entre a malnutrición e o desenvolvemento cognitivo, pero os estudos posteriores atoparon asociacións entre a malnutrición e o incremento do risco de esquizofrenia, trastornos antisociais,Neugebauer, R., Hoek, H. W., & Susser, E. (1999). Prenatal exposure to wartime famine and development of antisocial personality disorder in early adulthood. Jama, 282(5), 455-462. e trastornos afectivos.Brown, A. S., van Os, J., Driessens, C., Hoek, H. W., & Susser, E. S. (2000). Further evidence of relation between prenatal famine and major affective disorder. American Journal of Psychiatry, 157(2), 190-195.