Negahban-e Shab (en ) é un filme iraniano de 2022 dirixido e producido por Reza Mirkarimi e escrito por Mirkarimi e Mohammad Davoudi. O filme proxectouse por primeira vez no Festival Internacional de Cinema de Fajr e recibiu 9 nomeamentos, onde Reza Mirkarimi gañou o premio a ao mellor director e Aliakbar Osanloo recibiu un diploma de Honra pola súa interpretación. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme trata dun mozo inxenuo de aldea chamado Rasool (Touraj Alvand) cuxa vida tranquila e despreocupada é desafiada por confiar en Behnam (Mohsen Kiaee), que é o enxeñeiro dun proxecto de construción.
Personaxes
Touraj Alvand como Rasool Laleh Marzban como Nasibeh Aliakbar Osanloo Safoura Khoshtinat Mohsen Kiaee como Behnam Vishka Asayesh Kiumars Pourahmad Fahimeh Hormozi Zahra Eslami Parham Gholamlou Mohammad Sadegh Malek Ali Ghabeshi Mehrad Akbarabadi Iman Salgi Navid Bani
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Reza Mirkarimi