Mvera é un filme kenyano de 2023 dirixido por Daudi Anguka e rodado en lingua suahili. Foi escollido como candidato de Kenya para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Despois de quedar atrapada nunha rede de tráfico de órganos, unha muller intenta regresar á súa comunidade para advertirlles dos perigos que lles están vendendo como novas oportunidades.

Elenco Susan Khadide Carolyne Rita Mutua Hillary Namanje Patrick Owino Kibibi Salim Linah Sande

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kenya propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes de Kenya