Grumman Aircraft Engineering Corporation, despois Grumman Aerospace Corporation, foi un produtor estadounidense de avións militares e civís. Fundada o 6 de decembro de 1929 por Leroy Grumman e os seus socios, a compañía fusionouse en 1994 con Northrop Corporation para formar Northrop Grumman.
Historia Leroy Grumman comezou a traballar en 1920 na Loening Aircraft Engineering Corporation. En 1929 Keystone Aircraft Corporation mercou Loening Aircraft e trasladou as súas operacións dende a cidade de Nova York a Bristol, Pennsylvania. Grumman e outros tres ex-empregados de Loening Aircraft (Edmund Ward Poor, William Schwendler e Jake Swirbul) fundaron a súa propia compañía nunha antiga fábrica de Cox-Klemin Aircraft Co. en Baldwin, en Long Island, Nova York.
A compañía foi rexistrada o 6 de decembro de 1929 e comezou a traballar oficialmente o 2 de xaneiro de 1930. Mentres mantiña o negocio soldando tubos de aluminio para bastidores de camións, a empresa perseguiu con ansia contratos coa Armada dos Estados Unidos. Grumman deseñou os primeiros flotadores prácticos cun tren de aterraxe retráctil para a Armada, e isto lanzou a Grumman ao mercado da aviación. O primeiro avión Grumman tamén foi para a Armada, o Grumman FF-1, un biplano con tren de aterraxe retráctil desenvolvido en Curtiss Field en 1931. A eo seguíronlle outros deseños exitosos.
Durante a segunda guerra mundial, Grumman fíxose coñecida polos seus "Cats" (cazas da Armada): o F4F Wildcat, o F6F Hellcat,o F7F Tigercat e o Grumman F8F Bearcat, e tamén polos seus torpedeiro Grumman TBF Avenger. Grumman ocupou o posto 22 entre as corporacións dos Estados Unidos no valor dos contratos de produción en tempo de guerra.Peck, Merton J. & Scherer, Frederic M. The Weapons Acquisition Process: An Economic Analysis (1962) Harvard Business School p.619
O primeiro avión a reacción de Grumman foi o F9F Panther, seguido polo F9F/F-9 Cougar actualizado e o F-11 Tiger nos anos 50. Os grandes éxitos da posguerra da compañía chegaron na década de 1960 co A-6 Intruder e o E-2 Hawkeye e na década de 1970 co EA-6B Prowler e o F-14 Tomcat. Os produtos de Grumman foron destacados en varias longametraxes, incluíndo The Final Countdown en 1980,Stephen A. Riffin (1 de xuño de 2005). Aviation's Most Wanted: The Top 10 Book of Winged Wonders, Lucky Landings, and Other Aerial Oddities. p. 294. ISBN 9781574886740 Top Gun en 1986 e Flight of the Intruder en 1990.Ian I. Stark (29 de marzo de 2018). "Grumman Studios: Secrets and fun facts". Newsday A Armada dos Estados Unidos aínda emprega o Hawkeye como parte das súas Ás Aéreas Embarcadas a bordo de portaavións, mentres que o Prowler voou ata 2019 co Corpo de Marines. Grumman foi o contratista principal do Módulo Lunar Apollo, a primeira nave espacial en levar humanos á Lúa. A empresa recibiu o contrato o 7 de novembro de 1962 e construíu 13 módulos lunares. Seis deles aterraron con éxito na Lúa, un deles serviu como bote salvavidas no Apollo 13, despois de que unha explosión paralizara o módulo de servizo da nave Apollo. O LM-2 (Módulo Lunar 2), un artigo de proba que nunca voou no espazo, móstrase permanentemente na Smithsonian Institution. Cando o programa Apollo chegaba ao seu fin, Grumman foi un dos principais competidores para o contrato para deseñar e construír o transbordador espacial, pero perdeu ante Rockwell International.Astronautics and Aeronautics: Chronology of Science, Technology, and Policy. 1972. p. 339.
En 1969 a compañía cambiou o seu nome polo de Grumman Aerospace Corporation, e en 1978 vendeu Grumman-American Division a Gulfstream Aerospace. Ese mesmo ano mercou o fabricante de autobuses Flxible. A compañía construíu o Grumman LLV (Long Life Vehicle), un camión de correo lixeiro deseñado e utilizado polo Servizo Postal dos Estados Unidos. O LLV foi producido dende 1987 ata 1994. A súa vida útil prevista era de 24 anos, pero algúns deles aínda estaban en servizo en 2020. En 1983 Grumman vendeu Flxible por 40 millóns de dólares a General Automotive Corporation de Ann Arbor.
Nos anos 50 Grumman comezou a produción de avións executivos Gulfstream, comezando co turbohélice Gulfstream I (Grumman model G-159) e o reactor Gulfstream II (Grumman model G-1159). Os avións Gulfstream foron operados por moitas empresas, particulares e axencias gobernamentais, incluíndo varias entidades militares e a NASA. Ademais, o Gulfstream I foi operado por varias compañías aéreas rexionais en servizos regulares de pasaxeiros. A versión Gulfstream I-C (Grumman model G-159C) foi "alongada" para levar 37 pasaxeiros.
A principios dos 70 Grumman adquiriu a participación maioritaria na liña de avións moi lixeiros de American Aviation, reetiquetado os seus avións como "Grumman-American" ou "Grumman American", uníndose a ela finalmente coa súa división Gulfstream antes de vender esa empresa combinada en 1978.
En 1978 Grumman vendeu Gulfstream a American Jet Industries, que adoptou o nome de Gulfstream. Dende 1999 Gulfstream é unha subsidiaria totalmente propiedade de General Dynamics.
No ano 1994 Grumman fusionouse con Northrop Corporation para formar a empresa de tecnoloxía aeroespacial e de defensa Northrop Grumman.
Avións Nome do modeloPrimeiro vooFabricadosTipoGrumman FF1931116Caza naval cun motor de pistónsGrumman JF Duck193348Hidroavión de observación cun motor de pistónsGrumman F2F193355Caza naval cun motor de pistónsGrumman F3F1935147Caza naval cun motor de pistónsGrumman XSBF19361Prototipo de bombardeiro en picado cun motor de pistónsGrumman J2F Duck1936254Hidroavión de observación cun motor de pistónsGrumman G-21 Goose1937345Hidroavión bimotor de pistónsGrumman F4F Wildcat19372 605Caza naval cun motor de pistónsGrumman G-44 Widgeon1940276Hidroavión bimotor de pistónsGrumman XF5F Skyrocket19401Prototipo de caza bimotor naval de pistónsGrumman XP-5019411Prototipo de caza bimotor de pistónsGrumman TBF Avenger19412 290Torpedeiro cun motor de pistónsGrumman F6F Hellcat194212 275Caza naval cun motor de pistónsGrumman F7F Tigercat1943364Caza bimotor naval de pistónsGrumman G-63 Kitten I19441Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistónsGrumman G-72 Kitten II19441Prototipo de avión lixeiro cun motor de pistónsGrumman F8F Bearcat19441 265Caza naval cun motor de pistónsGrumman G-65 Tadpole19441Prototipo de avión anfibio lixeiroGrumman AF Guardian1945389Avión de guerra antisubmarinaGrumman G-73 Mallard194659Hidroavión bimotorGrumman HU-16 Albatross1947466Hidroavión bimotorGrumman F9F Panther19471 382Caza naval monomotor a reacciónGrumman F9F-6 Cougar19511 988Caza naval monomotor a reacciónGrumman XF10F Jaguar19521Prototipo de caza naval monomotor a reacciónGrumman S-2 Tracker19521 184 ou 1 185Avión de guerra antisubmarina bimotorGrumman F11F Tiger1954200Caza naval monomotor a reacciónGrumman C-1 Trader195587Avión de carga bimotorGrumman F11F-1F Super Tiger19561Prototipo de caza naval monomotor a reacciónGrumman E-1 Tracer195688Sistema aéreo de alerta e control embarcadoGrumman G-164 Ag Cat1957402Avión agrícola monomotorGrumman G-159 Gulfstream I1958200Executivo turbohéliceGrumman OV-1 Mohawk1959380Avión de observaciónGrumman A-6 Intruder1960693Reactor de ataque bimotorGrumman E-2 Hawkeye1960122Sistema aéreo de alerta e control embarcadoGrumman C-2 Greyhound196456Avión de carga bimotorGeneral Dynamics–Grumman F-111B19657Prototipo de caza naval a reacciónGrumman G-1159 Gulfstream II1966256Bimotor executivo a reacciónGrumman EA-6B Prowler1968170Avión de guerra electrónicaGrumman F-14 Tomcat1970712Caza naval a reacciónGrumman American GA-7 Cougar1974115Avión lixeiro bimotorGeneral Dynamics–Grumman EF-111A Raven197742Avión de guerra electrónicaGrumman X-2919842Reactor monomotor experimentalGrumman XJLN/A3Hhidroavión de observaciónGrumman American AA-11 820Avión lixeiro monomotorGrumman American AA-53 282Avión lixeiro monomotor
Notas
Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América