O Basketball Club Nokia ou BC Nokia é un equipo de baloncesto da cidade de Nokia, Finlandia. O equipo foi fundado en 1997 e na tempada 2023-24 compite na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga. En 2024 chegou o maior fito na historia do equipo logo de proclamarse campión da Korisliiga ao derrotar no sétimo partido das finais aos Helsinki Seagulls.
Pavillón
Durante a tempada 2023-24 BC Nokia xoga os seus partidos como local no Harjuniityn liikuntahalli mentres se constrúe un novo pavillón en Kankaantaankatu. O pavillón foi inaugurado en 2016 e ten capacidade para 707 persoas sentadas, cun máximo de 750 persoas.
Palmarés Korisliiga: Campión: 2024 Medalla de bronce: 2016 Suomen cup: Finalista: 2024
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Nokia Categoría:Deporte en Nokia, Finlandia