O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División.
En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro título, gañando a final da Europa League contra o Manchester United. Anteriormente, na tempada 2005-06, chegou ata as semifinais na Liga de Campións da UEFA, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén foi subcampión de liga.
Historia O equipo xogou en divisións inferiores ata que na tempada 1997–98 acabou cuarto da Segunda División. Na promoción de ascenso a Primeira División xogou contra o SD Compostela, empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu á primeira categoría. O gol que supuxo o ascenso fíxoo Alberto Saavedra. Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de 1998 contra o Real Madrid CF.
Gañou a Copa Intertoto no verán de 2003 clasificándose así para a Copa da UEFA. Na seguinte tempada o Villarreal acadou as semifinais da Copa da UEFA 2003–04, perdendo ante o seu veciño e finalmente campión Valencia CF. Con todo, ese verán volveu gañar a Copa Intertoto de novo, clasificándose para a Copa da UEFA da seguinte tempada, na que lograrían un novo grande éxito.
Na tempada 2004–05 quedou terceiro na Primeira División, tralo FC Barcelona e o Real Madrid CF, o que lles levou a xogar a Liga de Campións. Na fase de grupos, conseguiu eliminar a clubs de prestixio mundial coma o Manchester United inglés, o Glasgow Rangers escocés, ou o Inter de Milán italiano. O soño da final quedou frustrado polo Arsenal que eliminou o Villareal nas semifinais.
Na tempada 2007–08 cun balance de 17 vitorias, 5 empate e 7 derrotas en 29 xornadas, o Villarreal asinou o seu mellor arranque ligueiro da historia, con 56 puntos, a tan só 6 puntos do Real Madrid CF. O 4 de maio de 2008, tras gañar ao Recreativo de Huelva no Nuevo Colombino (0–2), e tras a derrota do FC Barcelona no Santiago Bernabéu (4–1), o Villarreal asegurouse matematicamente o subcampionato ligueiro a falta de dúas xornadas, co que participarían por segunda vez na súa historia na Liga de Campións da UEFA, esta vez sen disputar a fase previa. E isto de man de Manuel Pellegrini. miniatura|300px|Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Villarreal CF. Na tempada 2011–12, tras cambiar de adestrador en dúas ocasións (Juan Carlos Garrido comezou a campaña, sendo substituído por José Francisco Molina e este por Miguel Ángel Lotina) e tras xogar doce anos consecutivos na máxima categoría, o Villarreal CF retornou á Segunda División. O descenso consouse na derradeira xornada do campionato cunha derrota en El Madrigal contra o Atlético de Madrid (0–1).
O 6 de xuño de 2012 anunciouse que o adestrador na nova etapa en Segunda División sería Manuel Preciado, falecendo un día despois, sen chegar a ser presentado. Finalmente foi Julio Velázquez o adestrador, que sería substituído logo dunha primeira volta irregular por Marcelino García Toral. O equipo acabou en segunda posición, volvendo a Primeira División só un ano despois do descenso.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas. Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis escuras.
Estadio miniatura|250px|dereita|Vista do Estadio de la Cerámica.
O estadio no que xoga o equipo é o estadio de la Cerámica. Inaugurouse o 17 de xuño de 1923 baixo o nome de Campo del Villarreal, cun partido entre o CD Castellón e o Cervantes. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, nome que mantería ata 2017, na honra dos antigos terreos onde se atopa o recinto deportivo. Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores e unhas dimensións de 105 por 68 metros.
Durante a súa historia sufriu varias remodelacións. A primeira remodelación levou a cabo no verán de 1952. Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971/72 as gradarías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova. Para o 75º aniversario do estadio, o club comezou novas renovacións. As gradarías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.
Datos do club Tempadas en 1ª: 18 (incluída a 2017/18) Tempadas en 2ª: 10 Tempadas en 2ªB: 4 Tempadas en 3ª: 23 Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 20º Mellor posto na liga: 2º (2007-08) Goleador histórico en Primeira: Diego Forlán con 54 goles Máximo goleador: Diego Forlán con 25 goles (2004-05, trofeo Pichichi e Bota de Ouro) Partidos en Liga: Maior triunfo de local: 5-0 fronte ó Salamanca (1998-99, x.4); 5-0 fronte ó Celta (2002-03, x.34); 5-0 fronte ó Tenerife (2009/10, x.9) Maior triunfo de visita: 0-4 fronte á Real Sociedad (2004-05, x.22) Maior derrota de local: 0-5 fronte ó Real Madrid (2007-08, x.2) Maior derrota de visita: 5-0 fronte ó Recreativo de Huelva (2002-03, x.31) Maior empate de local: 4-4 fronte ó Atlético de Madrid (2008-09, x.8) Maior empate de visita: 3-3 en varias ocasións. Partidos en competicións europeas: Maior triunfo en Liga de Campións: 6-3 fronte ó Aalborg BK (2008-09, x.3 da fase de grupos). Maior triunfo en Copa da UEFA: 4-0 fronte ó Aigaleo Athens (2004-05, x.4 da fase de grupos) Maior derrota en Liga de Campións: 0-3 fronte ó Arsenal FC (2008-09, volta de cuartos de final)
Historial por tempadas TempadaCategoríaPostoCopa do Reide 29–30Rexional—ata 55–56Rexional—1956/573ª8º1957/583ª5º1958/593ª6º1959/603ª12º1960/613ª14ºfrom 61–62Rexional—to 66–67Rexional—1967/683ª3º1968/693ª9º1969/703ª1º3ª Rolda1970/712ª16º1/161971/722ª17º1/321972/733ª12º1/641973/743ª12º1/641974/753ª8º1/641975/763ª13º1/641976/77Rexional2º1977/783ª15º1ª Rolda TempadaCategoríaPostoCopa do Rei1978/793ª13º1/641979/803ª9º1/641980/813ª16º1ª Rolda1981/823ª7º1982/833ª14º1983/843ª13º1984/853ª14º1985/863ª6º1986/873ª3º1/161987/882ªB2º2ª Rolda1988/892ªB4º1ª Rolda1989/902ªB18º1990/913ª2º2ª Rolda1991/922ªB2º2ª Rolda1992/932ª13º1/41993/942ª16º1/161994/952ª10º1/161995/962ª15º1/641996/972ª10º1/161997/982ª4º1/64 TempadaCategoríaPostoCopa do ReiLCUEFA1998/991ª18º1/81999/002ª3º1/82000/011ª7º1/642001/021ª15º1/42002/031ª15º1/322003/041ª8º1/81/22004/051ª3º1/321/42005/061ª7º1/81/22006/071ª5º1/82007/081ª2º1/41/162008/091ª5º1/161/42009/101ª7º1/81/162010/111ª4º1/41/22011/121ª18º1/161/162012/132ª2º2ª Rolda2013/141ª
Xogadores Categoría principal: Xogadores do Villarreal CF.
Cadro actual Actualizado a 30 de xaneiro de 2020.
Palmarés Torneos rexionais Campionato Rexional de Afeccionados (1): 1951
Torneos nacionais Subcampión da Liga de España (1): 2007-08 Subcampión da Segunda División (1): 2012-13 Terceira División de España (1): 1969-70 Primeira Rexional da Comunidade Valenciana (3): 1935-36, 1955, 1966-67
Torneos internacionais UEFA Europa League (1): 2021 Copa Intertoto da UEFA (2): 2003, 2004 Subcampión da Copa Intertoto (2): 2002, 2006
Premios e distincións Mellor equipo do mundo do mes de decembro de 2004 segundo a IFFHS. Premio ó Fomento e Promoción do Deporte en 2007 para a Escola de Fútbol do Villarreal na Iª Edición dos Premios Nostresport.
Filiais Villarreal B
O Villarreal Club de Fútbol B é o primeiro equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 1999 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira División na tempada 2003-2004, ascendeu a Segunda División B na 2006-2007 e a tempada 2008-2009 ascendeu a Segunda División A. En 2012 descendeu novamente a Segunda B polo descenso do primeiro equipo a Segunda.
Villarreal C
O Villarreal Club de Fútbol C é o segundo equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 2002. Debutou en Rexional Preferente na tempada 2004-2005 e ascendeu a Terceira División na 2006-2007.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do club Historia e presente do Villarreal CF