miniatura|dereita|Mapa dos proxectos nucleares en España.

A central nuclear de Regodola foi un proxecto de central nuclear que non chegou a ser construída, situada en Portocelo (Xove), na Mariña Occidental. Historia En novembro de 1973 solicitouse a creación da central nuclear, a proposta da Asociación Central Nuclear de Regodola, con sede na Coruña, e participada por Fenosa (60 %), Hidroeléctrica del Cantábrico (20 %) e Electra de Viesgo (20 %). En 1976 concedeuse a licenza de instalación e en 1979 concedeuse a licenza de uso de auga.

Houbo unha forte oposición social á súa construción. Mulleres como Pencha Santasmarinas e organizacións agrarias, apontoadas polo nacionalismo, mantiveron unha loita contra a instalación. A chegada do PSOE ao goberno do Estado en 1982 e a conseguinte moratoria nuclear en 1984 paralizaron de xeito definitivo as obras.

Tiña unha potencia prevista de 1000 MW. Foi o único proxecto de establecer unha central nuclear en territorio galego.

O documental Xove, Democracia Nuclear recolle a mobilización social contra o a construción desta central nuclear.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xove Categoría:Enerxía nuclear