Tótem é un filme mexicano de 2023 escrito e dirixido por Lila Avilés. O filme narra a historia de Sol, de sete anos, que pasa o día na casa do seu avó, nunha festa sorpresa para o pai de Sol, Tonatiuh. Cando a luz do día desaparece, Sol comprende que o seu mundo está a piques de cambiar drasticamente. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde se estreou internacionalmente o 20 de febreiro de 2023. É unha coprodución entre México, Dinamarca e Francia.
Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.
Personaxes Naíma Sentíes como Sol Montserrat Marañón como Nuri Marisol Gasé como Alejandra Saori Gurza como Esther Teresita Sánchez como Cruz Mateo García Elizondo como Tonatiuh Juan Francisco Maldonado como Napo Iazua Larios como Lucía Alberto Amador como Roberto
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes sobre familias