Eijitsu shōhin (; "Esbozos de primavera") é unha escolma de relatos do escritor nipón Natsume Sōseki (1867-1916), publicados orixinalmente no xornal Asahi Shimbun durante o ano 1909.
Contidos A obra está composta por 25 textos, redactados entre o 1 de xaneiro de 1909 e o 12 de marzo do mesmo ano. Están escritos como as páxinas dun diario, xa que recollen os seus pensamentos e lembranzas. Por exemplo, rememora a súa época de estudante en Londres, ou as numerosas visitas que recibiu na súa casa xa como novelista de éxito.
Traducións En castelán Misceláneas primaverales (2013). Tradución directa do xaponés de Akira Sugiyama. Satori Ediciones. .
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Texto completo en xaponés (Aozora Bunko)
Categoría:Literatura do Xapón Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki