Estrato pode referirse a varios conceptos:

En xeoloxía, un estrato son os sedimentos, as rochas sedimentarias e as rochas metafórmicas que derivan delas, cando estas capas se deben ao proceso de sedimentación. En arqueoloxía tamén se lle chama estrato ás capas en que se atopan os obxectos. En botánica, un estrato é unha das cinco divisións horizontais dunha poboación vexetal. Un estrato social, ou capa social, é unha división horizontal da sociedade. Os estratos son as nubes que forman os ceos encampotados.