O Westland Wasp é un pequeno helicóptedo dos anos 60 impulsado por un motor turboeixo. Producido por Westland Helicopters, procedía do mesmo programa Saunders-Roe P.531 como o Westland Scout do Exército británico, e está baseado no anterior Saunders-Roe Skeeter con motor de pistóns. Cumpriu o requisito da Royal Navy dun helicóptero o suficientemente pequeno como para aterrar na cuberta dunha fragata e levar unha carga útil de dous torpedos buscadores.

Deseño e desenvolvemento O aumento da velocidade e do alcance de ataque da ameaza submarina, e o aumento do alcance ao que se podía detectar esta ameaza levou a un requisito da Royal Navy para un "helicóptero tripulado de transporte de torpedos" (MATCH). As armas embarcadas contemporáneas non tiñan o alcance necesario, polo que o MATCH era en esencia unha arma separada co helicóptero levando o torpedo ou outra arma ata o obxectivo e estaba instruído cando e onde soltalo.Friedman 2006, pp. 245-246 A diferenza do máis grande Westland Wessex, o Wasp non levaba ningún sonar propio, e limitouse estritamente a traballar en colaboración co seu barco matriz, outros buques ou outras unidades de guerra antisubmarina (ASW).James 1991, pp. 347, 372

O primeiro prototipo Saro P.531 voou o 20 de xullo de 1958. Os prototipos foron sometidos a probas detalladas pola Royal Navy, incluída a avaliación de varias configuracións do tren de aterraxe, antes de establecer a disposición definitiva. En setembro de 1961 realizouse un pedido para un lote de preprodución de dous "Sea Scouts". O primeiro voo dos dous Wasp de preprodución tivo lugar o 28 de outubro de 1962.James 1991, pp.371-372 A produción a grande escala comezou pronto, e 98 en total foron adquiridos para a Royal Navy.O Wasp foi exportado con éxito a Brazil, Países Baixos, Indonesia, Malaisia, Nova Zelandia e Suráfrica. 133 aeronaves foron construídas en total.Donald e Lake 1996, p.439

O Wasp era esencialmente un Scout navalizado e de feito orixinalmente ía chamarse Sea Scout, diferenciandose principalmente en detalles do deseño. Tiña un tren de aterraxe de 4 rodas único que permitía manobrar a aeronave en cubertas de voo pequenas e inclinadas. O Wasp podía usar o "paso negativo" das palas do rotor para permitir que o avión se "pegase" á cuberta ata que se largasen as amarres. Instalouse un depósito de combustible adicional no chan da cabina, e tanto a pluma de cola como as pas do rotor principal eran plegables para permitir a súa estiba nos pequenos hangares instalados nos portahelicópteros de escolta de primeira xeración. Estaba equipado cun cabrestante por riba da porta traseira de estribor, e tamén tiña a capacidade de transportar cargas dende a unidade de liberación de carga semiautomática montada baixo a fuselaxe. Cunha tripulación de dous (piloto e apuntador de mísiles/tripulante) e a capacidade de acomodar a tres pasaxeiros, o Wasp foi útil para misións de transporte de curto alcance e para a evacuación de vítimas con espazo para unha padiola instalada na zona traseira da cabina.

Modificacións posteriores incluían a habilidade de levar o mísil guiado por cable Nord SS.11, coa instalación da mira Aimer no teito esquerdo da cabina, e a instalación de grandes flotadores inchables de emerxencia en contrafeitos a ambos os dous lados da cabina para evitar o envorco da aeronave en caso de amaraxe. O SS.11 tiña un alcance limitado, apuntando a pequenos obxectivos de superficie, como barcos de patrulla ou posicións en terra, e posteriormente foi substituído polo AS.12, que efectivamente tiña o dobre de alcance.

Notas

Bibliografía

Donald, David e Lake, Jon. (eds.) Encyclopedia of World Military Aircraft. Londres: Aerospace Publishing, 1996. .

Friedman, Norman. British Destroyers & Frigates: The Second World War and After. Barnsley, UK: Seaforth Publishing, 2006. . James, Derek N. Westland Aircraft since 1915. Londres: Putnam, 1991, .

Categoría:Aeronaves de Westland Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1962 Categoría:Helicópteros