Nürnberg (en alemán: Nürnberg , no dialecto fráncico: Nämberch), ás veces escrito en galego Núremberg, é unha cidade alemá da rexión administrativa da Franconia Media, no estado de Baviera. Atópase xunto ao río Pegnitz e ten unha poboación de 540.000 habitantes (2022).
É coñecida polo seu mercado de Nadal, visitado por máis de dous millóns de persoas. Acolleu tamén os xuízos contra os nacionalsocialistas no final da segunda guerra mundial.
Historia miniatura|Nürnberg no ano 1700. A súa historia remóntase a 1050. O seu centro histórico está rodeado por unha muralla medieval de máis de 5 km construída en 1325. Esta muralla foi a terceira que se construíu debido ao crecemento da súa poboación co paso dos anos e para garantir a seguridade da cidade, xa que custodiaba as reliquias e xoias imperiais entre 1424 e 1796.
En 1934 o Partido Nazi celebrou o seu Congreso Partidario do Reich. Estas imaxes pódense ver no filme Triumph des Willens de Leni Riefenstahl, que marca o apoxeo da propaganda nazi.
Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polos británicos o 13 de outubro de 1941 e trala propia guerra os aliados celebraron os xuízos de Nürnberg para xulgar ós dirixentes alemáns capturados.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas Páxina oficial de Nürnberg
Categoría:Cidades de Baviera