miniatura|300px|Aprobación da regra de San Francisco polo papa Inocencio, óleo sobre lenzo, 170 x 234 cm, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xoán Antonio García de Bouzas, nado antes de 1680 e finado o 23 de maio de 1755, foi un pintor do barroco galego.
Traxectoria O pintor Xoán Antonio García de Bouzas, denominado ás veces nos documentos Juan Antonio das Bouças, naceu probabelmente na cidade de Santiago de Compostela antes do 1680; faleceu na mesma cidade.
Marchou novo a Madrid onde foi discípulo de Lucas Jordán. Á súa volta da capital, casou con Andrea de Castro Calo, da que tivo tres fillos, entre eles Miguel Antonio, que sería tamén pintor. Falecida a súa dona, volveu casar con Xoana Abad de Castro, tendo tres fillas máis.
A escasa demanda de obras pictóricas fixo que García de Bouzas se dedicase á pintura litúrxica, decorando e dourando retablos e imaxinería, labor no que os pedidos eran abundantes.
Como verdadeiro pintor García de Bouzas tivo como comitentes á Catedral de Santiago (que o nomea ministro de fábrica en 1711) e outras institucións relixiosas, tanto compostelás como de diversos lugares galegos.
Obra Aparición da Virxe a un leigo dominico, 1721 (Sto. Domingos, Lugo) Aparición da Virxe a Santiago, ca. 1722 (retablo da Capela do Pilar, Catedral de Santiago) Santiago o Maior, sedente, 1748 (antesacristía da Catedral de Santiago) Santo André San Pedro Apóstolo Cristo camiño do Calvario (sala capitular, Catedral de Santiago) Retrato de Alonso de la Peña, bispo de Quito Retrato de Fernando VI (1751)
Véxase tamén
Bibliografía Couselo Bouzas, José, La pintura gallega. A Coruña. 1950 Fernández Álvarez, Mª Agustina, Arte y sociedad en Compostela: 1660-1710. Sada. 1996 García Iglesias, José Manuel et al., artigo "GARCÍA DE BOUZAS, Juan Antonio" da Gran Enciclopedia Galega. Ligazóns externas Bibliografía de en pintoresgallegos.com.
Categoría:Pintores de Galicia do século XVIII Categoría:Pintores do Barroco Categoría:Finados en 1755