Hugo Sotelo Gómez, nado en Vigo o 19 de decembro de 2003 é un futbolista galego que milita no Real Club Celta de Vigo da Primeira División. A súa posición é de mediocampista. Debutou co Celta o 16 de maio de 2021 na vitoria 1 a 2 perante o FC Barcelona cando pertencía ao equipo xuvenil do club.

Traxectoria Hugo Sotelo comezou a xogar ao fútbol con dous anos e medio sobre o céspede do estadio das Relfas, nas filas do Sárdoma CF, equipo da parroquia homónima viguesa. Con oito anos, na categoría de alevín, xa militaba no fútbol base do Real Club Celta, onde coincidiu con outros canteiráns o equipo como Miguel Rodríguez, Damián Rodríguez ou David Vilán.

Sotelo continuou formándose no club celeste até que o 16 de maio de 2021, o técnico arxentino do primeiro equipo, Eduardo Chacho Coudet, fíxoo debutar saíndo desde o banco no penúltimo partido da xornada da Primeira División. Dito partido finalizou con vitoria celeste por 1 a 2, no que sería coñecido tamén por ser o último partido de Lionel Messi na Liga Española.

Na tempada 2022-23 competiu co filial, o Celta Fortuna, na Primeira Federación, alternando partidos co primeiro equipo na Primeira División. Porén, a súa titularidade co Celta non foi até a tempada 2023-24, no ano do Centenario e baixo a dirección de Rafa Benítez, cando saíu de inicio na primeira xornada de liga fronte a Club Atlético Osasuna. Nese partido, o canteirán xogou 81 minutos e foi substituído por Manu Sánchez, rematando en derrota celeste por 1 a 2.

Malia ter ficha do equipo filial, Hugo Sotelo comezou a ter participacións habituais co primeiro equipo desde a tempada 2023-24. Alternaba convocatorias co filial, o RC Celta Fortuna adestrado por Claudio Giráldez, co primeiro equipo, nas mans por aquel entón de Rafa Benítez.

O propio Giráldez, que levaba adestrando a Sotelo durante catro anos nas categorías inferiores do club, alabou en numerosas ocasións a Sotelo:

Coa destitución de Benítez o 12 de marzo de 2024, após dunha dura derrota por 0 a 3 no Estadio Santiago Bernabeu diante do Real Madrid, Claudio Giráldez foi a aposta da directiva, encabezada por Marián Mouriño, para continuar o proxecto do Celta en Primeira División. Desde entón, Hugo Sotelo comezou a ter máis protagonismo nas convocatorias e a disputar cada vez máis minutos.

Selección galega dereita|miniatura|Hugo Sotelo coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado o .

Club País Ano Partidos GolesReal Club Celta de Vigo B2022-act.301Real Club Celta de Vigo2021-act.150

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hugo Álvarez Centenario do Celta de Vigo Ligazóns externas Hugo Sotelo Perfil do xogador en Transfermarkt.

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 2003 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Centrocampistas de fútbol