In Flames é un filme canadense-paquistaní de 2023 escrito, dirixido e coeditado por Zarrar Kahn no seu debut como director.Radheyan Simonpillai, "Canada at Cannes: Zarrar Kahn looks to set the Croisette on fire with incendiary debut In Flames". The Globe and Mail, 16 de maio de 2023. O filme está protagonizado por Ramesha Nawal, Bakhtawar Mazhar, Adnan Shah Tipu, Mohammad Ali Hashmi e Omar Javaid. Estreouse nos cinemas de Paquistán o 20 de outubro de 2023 e recibiu valoracións positivas por parte da crítica.
Foi escollido como candidato de Paquistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Argumento Ambientado en Karachi, o filme comeza coa morte do patriarca da familia. Nai e filla atópanse nunha situación precaria en que a súa existencia se ve esnaquizada. Para sobrevivir nun mundo hostil dominado polos homes, as dúas mulleres teñen que traballar xuntas ante ameazas tanto reais como sobrenaturais.
Personaxes Ramesha Nawal como Mariam Bakhtawar Mazhar como Fariha, nai de Mariam Omar Javaid como Asad Mohammad Ali Hashmi como Saleem Adnan Shah Tipu como tío Nasir
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Paquistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes en lingua panxabí Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Paquistán Categoría:Filmes rodados en Paquistán Categoría:Filmes ambientados en Paquistán Categoría:Filmes sobre familias