Mal Viver é un filme franco-portugués de 2023 dirixido por João Canijo. Está protagonizado por Anabela Moreira e Rita Blanco, e retrata a historia dunha familia de varias mulleres de diferentes xeracións, cuxas relacións entre elas se envelenaron pola amargura.
Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde se estreou o 22 de febreiro de 2023. Gañou o Oso de Prata do Xurado no festival. Foi escollido como candidato de Portugal para o Óscar ao mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Anabela Moreira como Piedade Rita Blanco como Sara Madalena Almeida como Salome Cleia Almeida como Raquel Vera Barreto como Angela Nuno Lopes como Jaime Filipa Areosa como Camila Leonor Silveira como Elisa Rafael Morais como Alex Lia Carvalho como Graça Beatriz Batarda como Judite Carolina Amaral como Alice Leonor Vasconselos como Julia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Portugal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por João Canijo Categoría:Filmes rodados en Portugal