Foudre é un filme suízo de 2022 escrito e dirixido por Carmen Jaquier.Muriel Del Don, "Carmen Jaquier’s Foudre enters into post-production". Cineuropa, 27 de xullo de 2021. Está protagonizado por Lilith Grasmug como Elisabeth, unha moza que pasou varios anos nunha escola do convento preparándose para asumir a vocación de monxa, pero que descobre que os seus desexos cambiaron cando volve a casa tras a morte da súa irmá maior.
Jaquier describiu o filme como inspirado no descubrimento de vellos cadernos da súa bisavoa, que revelaron detalles sobre a súa vida cotiá e a súa relación con Deus. Foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suíza propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes ambientados en 1900