Son de estrelas é un programa concurso-reality musical, producido pola empresa Voz Audiovisual, e emitido pola Televisión de Galicia en 2007. Presentado por Teté Delgado, busca seleccionar un cantante de entre 54 participantes de todas as comarcas de Galiza e da emigración.

Descrición O concurso ten como obxectivo elixir o mellor ou a mellor cantante de entre todos os que se presentaron a un proceso de selección, e que actúan como representantes das súas comarcas. A esa primeira selección presentáronse 1.000 concursantes. Destes escolléronse 53, un de cada unha das comarcas de Galiza, e un máis en representación da Galiza da emigración.

O concurso non focaliza o aspecto de formación e adestramento, senón o apoio dos veciños e familiares, a través de documentais emitidos no programa. Polo tanto, está a medio camiño entre o docu-soap e o concurso-reality musical. Con todo, si que existe un asesoramento dos concursantes na preparación das pezas, na coreografía ou o vestiario.

O xurado da primeira edición compúñano Nonito Pereira, Pili Pampín, Anxos Ferradáns e Iria Pinheiro.

O casting da 2ª edición de Son de Estrelas comezou na comarca de Verín o 3 de decembro de 2007. Houbo outros en Caldas de Reis o 26 de decembro de 2007 no hotel Sena, no Porriño o 27 de decembro de 2007 no bar Liceum, e en Cangas de Morrazo o 28 de decembro de 2007 no hotel Jucamar.

Audiencia O programa tivo moito éxito. No mes de abril de 2007, por exemplo, acadou o 18,9% de cota de pantalla media.

Gañadores A gañadora da primeira edición foi Belén Monís, de Cualedro.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor comunicadorTeté DelgadoNomeada

Categoría:Concursos da TVG