Perfect Days é un filme de 2023 dirixido por Wim Wenders a partir dun guión escrito por Wenders e Takuma Takasaki. É unha coprodución entre o Xapón e Alemaña, e conta a historia da vida rutineira de Hirayama (Kōji Yakusho), un limpador de lavabos públicos en Tokyo.
Perfect Days estreouse o 23 de maio de 2023 no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde competiu pola Palma de Ouro e gañou o Premio do Xurado Ecuménico e o premio ao mellor actor para Kōji Yakusho. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado e converténdose no primeiro filme non dirixido por un xaponés en ser nomeado como candidato do Xapón.
Personaxes
Kōji Yakusho como Hirayama Tokio Emoto como Takashi Arisa Nakano como Niko Aoi Yamada como Aya Yumi Asō como Keiko Sayuri Ishikawa como Mama Tomokazu Miura como Tomoyama Min Tanaka como sen fogar Wim Wenders como cliente da tenda de casetes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Wim Wenders Categoría:Filmes rodados en Tokyo Categoría:Filmes ambientados en Tokyo