A lingua ardhamaghadi, prácrito magadhi ou prácrito de Magadha é unha lingua prácrita usada na composición de dramas. O prácrito magadhi falouse na parte oriental do subcontinente indio, nunha rexión que abarca a actual India oriental, Bangladesh e mais o Nepal. Pénsase que foi a lingua de importantes figuras relixiosas, como o Buda Gautama ou Mahavira, así como o idioma empregado nas cortes de Magadha mahajanapada e o imperio Maurya. Os edictos de Aśoka están redactados nesta lingua.
O ardhamaghadi evolucionou cara a diversas linguas indoarias orientais, como os actuais assamés, bengalí ou oriya, e cara as linguas bihari (por exemplo, o bhojpuri, maithili ou magahi).
Relación co pali Segundo a tradición do budismo theravada, o pāḷi e o ardhamagadhi serían termos equivalentes para a mesma lingua. Así, tanto o Buda Gautama, fundador do budismo, como Mahavira, pioneiro do xainismo, terían predicado en magadhi.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas indoarias