Carlos Moyà Llompart, nado en Palma o 27 de agosto de 1976, é un ex xogador profesional de tenis español.
Traxectoria Comezou a xogar á idade de seis anos. En 1996 entrou no top 20 da ATP por primeira vez. Acabou 1997 como mellor español e no top 10 por primeira vez na súa carreira. Ademais, converteuse no primeiro español en alcanzar a final do Aberto de Australia desde Andrés Gimeno en 1969. En 1998 gañou o seu primeiro título de Grand Slam derrotando a Álex Corretja na final de Roland Garros. En 1999, converteuse no primeiro español en situarse como número 1 da clasificación da ATP desde que se instaurara en 1973, onde se mantivo dúas semanas.
Formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis do 2004, final que se disputou no Estadio Olímpico da Cartuja (Sevilla), na que tivo un papel destacado, obtendo dous dos tres puntos para España, gañando o primeiro punto ante Mardy Fish e conseguindo a vitoria decisiva contra Andy Roddick, logrando así a segunda Ensaladeira de Prata na historia do tenis español.
En 2005 doou o premio obtido por gañar o torneo de Chennai ás vítimas do Terremoto do Océano Índico de 2004.
Retirouse oficialmente o 17 de novembro de 2010.
Vida persoal Na súa vida sentimental, estivo unido a modelos e presentadoras como Patricia Conde así como á xogadora de tenis italiana Flavia Pennetta. Actualmente a súa parella é Carolina Cerezuela coa que iniciou unha relación a mediados de 2007. A parella ten unha filla, Carla, que naceu o 18 de agosto de 2010 na clínica USP Palmaplanas de Palma.
Torneos de Grand Slam Campión Individuais (1) Ano |width="175"|CampionatoOpoñente na final |width="100"|Resultado en final1998 Roland Garros 25px Álex Corretja 6-3 7-5 6-3
Finalista en Individuais (1) Ano |width="175"|CampionatoOpoñente na final |width="100"|Resultado en final1997 Open de Australia 25px Pete Sampras 2-6 3-6 3-6
Títulos (20) Individuais (20) Lenda Grand Slam (1) Tennis Masters Cup (0) ATP Masters Series (3) ATP Tour (16)
Nº Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado 1. 6 de novembro de 1995 Bos Aires, Arxentina Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 6-3 2. 12 de agosto de 1996 Umag, Croacia Terra batida Félix Mantilla (España) 6-0 7-6(4) 3. 18 de agosto de 1997 Long Island, Estados Unidos Dura Patrick Rafter (Australia) 6-4 7-6(1) 4. 20 de abril de 1998 Monte Carlo TMS, Mónaco Terra batida Cédric Pioline (Francia) 6-3 6-0 7-5 5. 25 de maio de 1998 Roland Garros, París, Francia Terra batida Álex Corretja (España) 6-3 7-5 6-3 6. 10 de abril de 2000 Estoril, Portugal Terra batida Francisco Clavet (España) 6-3 6-2 7. 16 de xullo de 2001 Umag, Croacia Terra batida Jerome Golmard (Francia) 6-4 3-6 7-6(2) 8. 25 de febreiro de 2002 Acapulco, México Terra batida Fernando Meligeni (Brasil) 7-6(4) 7-6(4) 9. 8 de xullo de 2002 Bastad, Suecia Terra batida Younes O Aynaoui (Marrocos) 6-3 2-6 7-5 10. 15 de xullo de 2002 Umag, Croacia Terra batida David Ferrer (España) 6-2 6-3 11. 5 de agosto de 2002 Cincinnati TMS, Estados Unidos Dura Lleyton Hewitt (Australia) 7-5, 7-6(5) 12. 17 de febreiro de 2003 Bos Aires, Arxentina Terra batida Guillermo Coria (Arxentina) 6-3 4-6 6-4 13. 21 de abril de 2003 Barcelona, España Terra batida Marat Safin (Rusia) 5-7 6-2 6-2 3-0 14. 21 de xullo de 2003 Umag, Croacia Terra batida Filippo Volandri (Italia) 6-4 3-6 7-5 15. 5 de xaneiro de 2004 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 6-4 3-6 7-6(5) 16. 1 de marzo de 2004 Acapulco, México Terra batida Fernando Verdasco (España) 6-3 6-0 17. 3 de maio de 2004 Roma TMS, Italia Terra batida David Nalbandian (Arxentina) 6-3 6-3 6-1 18. 9 de xaneiro de 2005 Chennai, India Dura Paradorn Srichaphan (Tailandia) 3-6 6-4 7-6(5) 19. 13 de febreiro de 2006 Bos Aires, Arxentina Terra batida Filippo Volandri (Italia) 7-6(6) 6-4 20. 29 de xullo de 2007 Umag, Croacia Terra batida Andrei Pavel (Romanía) 6-4 6-2
Finalista en individuais (24) 1996: Múnic (perde ante Slava Dosedel). 1996: Bucarest (perde ante Alberto Berasategui) 1997: Sydney (perde ante Tim Henman). 1997: Australian Open (perde ante Pete Sampras). 1997: Ámsterdam (perde ante Slava Dosedel). 1997: Indianápolis (perde ante Jonas Bjorkman). 1997: Bournemouth (perde ante Félix Mantilla). 1998: Mallorca (perde ante Gustavo Kuerten). 1998: Tennis Masters Cup (perde ante Alex Corretja). 1999: Indian Wells TMS (perde ante Mark Philippoussis). 2000: Tolosa (perde ante Alex Corretja). 2001: Barcelona (perde ante Juan Carlos Ferrero). 2002: Monte Carlo TMS (perde ante Juan Carlos Ferrero). 2002: Hong Kong (perde ante Juan Carlos Ferrero). 2003: Miami TMS (perde ante Andre Agassi). 2003: Viena (perde ante Roger Federer). 2004: Sydney (perde ante Lleyton Hewitt). 2004: Bos Aires (perde ante Guillermo Coria). 2005: Umag (perde ante Guillermo Coria). 2006: Chennai (perde ante Ivan Ljubicic). 2007: Sydney (perde ante James Blake). 2007: Acapulco (perde ante Juan Ignacio Chela). 2008: Costa do Sauipe (perde ante Nicolás Almagro). 2008: Bucarest (perde ante Gilles Simon).
Clasificación en torneos do Grand Slam Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 TítulosAustralian Open1r1r1r1r1r1r-2r2rQF-1r2rF1r0Roland Garros--1rQF3r4rQFQF3r2r1r4rW2r2r1Wimbledon---1r--4r--2r1r2r2r2r1r0US Open--2rQF3r2r3r4r2r3r4r2rSF1r2r0
Clasificación na Masters Cup Torneo 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 TítulosTennis Masters Cup------RRRRSF---FSF-0
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil ATP (en inglés)
Categoría:Tenistas olímpicos de España Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1976 Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2004