Villard de Honnecourt foi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos bosquexos de arquitectura, o cal actualmente se conserva na Bibliothèque nationale de France. A vida do pedreiro Villard era orixinario da aldea de Honnecourt-sur-Escaut, situada preto de Cambrai, Francia. Como outros canteiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha obra para outra. Co tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicir, mestre de obras, profesión que incluía o oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban dabondo, e mercé ao seu Carné, coñecemos algunhas das etapas do seu periplo: Laon, Chartres, Lausana e incluso Hungría. O Carné Cunhas dimensións de 14×22 centímetros, o Carné de Villard de Honnecourt compúñase en principio dun centenar de páxinas, das que subsisten algo máis de sesenta. Contén numerosos bosquexos, de gran precisión, acompañados de anotacións.

Áchanse: Debuxos naturalistas. Representacións de personaxes: alegorías, escenas relixiosas e civís. Bosquexos de arquitectura e estudos xeométricos. Máquinas: máquinas bélicas ou de construción, e esbozos de máquinas de movemento perpetuo.

Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Nados no departamento do Norte Categoría:Inventores de Francia