A Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) constituíuse o 17 de abril de 1966 cando, a iniciativa de Carlos Pérez-Fonterosa Antón e Alfredo Navarro Payá, se reuniron en Tui dez sociedades filatélicas de Galicia e unha do Bierzo e decidiron en constituírse en federación adscrita á Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI). O seu primeiro presidente foi Alfredo Navarro Payá e actualmente éo Valentín Suárez Alonso.
Sociedades Filatélicas Sociedade Filatélica da Coruña, A Coruña Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, A Guarda Sociedade Filatélica e Numismática Canguesa, Cangas de Morrazo Círculo Filatélico Ferrol, Ferrol Club do Coleccionismo Muralla de Lugo, Lugo Sociedade Filatélica e Numismática, Monforte de Lemos Sociedad Filatélica e Numismática Muradana, Muros Sección Xuvenil, Filatélica e Numismática Rosalía de Castro, Noia Grupo Filatélico e Numismático, Noia Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal", O Rosal Sociedade Filatélica, Numismática e Vitofílica Miño, Ourense Sección Filatélica Xuvenil 'Club Santo Domingo', Ourense Sección Filatélica do Padroádego Rosalía de Castro, Padrón Grupo Filatélico de Pontevedra, Pontevedra Peña Filatélica e Numismática Rías Baixas, Pontevedra Sociedade Filatélica, de Arte e Humanidades Eume, Pontedeume Agrupación Vitolfílica, Filatélica e Numismática Santiaguesa (AVIFINS), Santiago de Compostela Grupo Filatélico e Numismático de Tui, Tui Club Filatélico e Numismático O Castro, Vigo Grupo Filatélico de Vigo, Vigo
EXFIGALICIA É unha mostra filatélica-numismática que se celebra en Galicia co apoio da Federación Galega de Sociedades Filatélicas e que organiza cada dous anos un dos seus grupos locais. A primeira EXFIGALICIA celebrouse en Ponferrada en 1969. Ademais de coleccionistas galegos adoitan participar tamén coleccionistas do norte de Portugal.
Categoría:Organizacións filatélicas Categoría:Asociacións de Galicia