O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.
Situación A Fortaleza da Rocha Forte, tamén coñecida como Castelo dos Churruchaos, sitúase na parroquia de Conxo no lugar da Rocha Vella, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.
Atópase, a unha altitude de 185 metros, no lugar coñecido como a Rocha Vella, a carón da vía do ferrocarril, que o cruza ocultando gran parte do sitio, e preto da actual saída da cidade cara a Pontevedra. Os terreos sobre os que se asenta son propiedade do Arcebispado de Santiago, que cedeu o seu uso por 50 anos ao concello. Calcúlase que o recinto ocupa uns 4.000 metros cadrados.
Moi preto desta localización atópase o Castriño de Conxo.
Descrición miniatura|300px|Vídeo cunha vista aérea do castelo. Trátase dun sitio arqueolóxico, catalogado como Ben de Interese Cultural e cunha adscrición cronolóxica de ocupación definida entre o século XIII e o XV.
Na actualidade atópase en estado ruinoso, e está a ser estudado mediante escavacións arqueolóxicas levadas a cabo dende o ano 2001.
Conformada por distintas cercas, consérvase a exterior nunha lonxitude de 40 metros na área sueste, da interior consérvase todo o perímetro amais doutras estruturas na zona central onde se podería situar a torre da homenaxe, así como os restos dos torreóns nos seus ángulos e flanqueando o acceso principal (malia que só se conservan os seus baseamentos). Conta ademais con dependencias subterráneas en relación coas que ata de agora só foron documentados os accesos escalonados.
Amais do seu valor defensivo, xa que era o refuxio dos arcebispos de Compostela -o lugar onde refuxiarse cando había problemas cos levantiscos composteláns-, era un enclave perfecto para controlar a entrada e saída da cidade de xentes e mercadorías, xa que se atopa nas proximidades do antigo camiño que unía Santiago con Noia e co camiño de Padrón, ao Camiño portugués, que seguían os peregrinos a Santiago dende o sur de Galicia. Este foi o motivo principal de que o castelo, ao contrario do habitual, se colocara ao carón do río, no fondo dun val, e non nunha posición predominante en altura (posición dos denominados castelos rochosos).
O castelo funcionaba como punto de control do camiño cara ao mar, como primeiro posto de defensa ante previsibles invasións que puideran entrar, a través da ría de Arousa e o río Ulla, contra a cidade.
Esta importancia estratéxica xa foi recollida no Preito Tabera - Fonseca.Fonte documental fundamental para o coñecemento do patrimonio do arcebispado de Santiago de Compostela nos séculos XV e XVI, dos feitos relacionados coas revoltas irmandiñas e os conflitos señoriais do convulso século XV galego. Foi unha arbitraxe ou concordia que tivo lugar no segundo cuarto do século XVI entre o arcebispo de Compostela e despois de Toledo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor no cargo Juan Pardo de Tavera. Na pregunta nº 13 do representante de Tavera, Pedro de Cisneros destaca a importancia estratéxica do enclave:
Descrición baseada en fontes documentais miniatura|O castelo no Tombo B da catedral compostelá. 300px|miniatura|Posible reconstrución do castelo. Tomando como referencia as fontes documentais podémonos facer unha idea do conxunto cando aínda permanecía en pé.
Existen diversas posibles representacións gráficas do castelo entre as que destaca a que abre o Tombo B do arquivo capitular da igrexa de Santiago, cunha representación do Apóstolo Santiago a cabalo e coa espada desenvaiñada, e no fondo un castelo. Esta obra foi feita en tempos de Berenguel de Landoira e a fortificación máis próxima para tomar como modelo era o castelo da Rocha Forte, incluso algúns autores interprétano como xustificación dos acontecementos ocorridos o día da Ira. Ademais o debuxo coincide, pese ao seu esquematismo, con outras testemuñas documentais. Outra representación posible neste documento aparece como anotación marxinal na Bula do papa Alexandre III na que confirma os privilexios da sé compostelá.
Unha última posible representación aparece no coñecido como Tumbillo de Concordias, no que, tamén como acoutación* marxinal, aparece xunto ao texto no que Fernando III de Castela confirma os privilexios dos arcebispos santiagueses sobre as fortalezas.
Datos máis esclarecedores son as testemuñas chamadas a declarar no Preito Tabera - Fonseca, principalmente polos chamados polo Arcebispo de Santiago Juan de Tabera. Xa o representante de Tabera, Pedro de Cisneros, preséntaa no interrogatorio a través da pregunta nº 11:
Dos testemuños presentados, aínda que deben ser interpretados como parciais pola propia natureza do preito ou concordia e de provir de datas posteriores a súa ruína, pódese extraer unha descrición do castelo, que se está a confirmar coas intervencións arqueolóxicas.
Estaría conformada por tres cintos amurallados ao redor dunha estrutura organizativa básica que ten como eixo central a torre da homenaxe cos seus catro sobrados. Xunto a esta, unha capela gótica (abovedada) coa advocación a Santa Eufemia. Todo o conxunto "...moi bien edificada todo de cantaria de piedra de grano con si mestura de cal y argamasa..." disposto en tres niveis ou alturas. A cerca máis interior que rodearía a torre da homenaxe estaría conformada por nove torreóns circulares (todos eles ameados e dun sobrado), catro nos extremos, tres de reforzo nos medio dos muros sueste, nordeste e suroeste, e dúas torres máis flanqueando a porta principal do último recinto. Segundo as testemuñas do citado preito unha destas torres tería a denominación de Santa Eufemia e outra a de Torre nova, descoñecéndose o nome das outras. Entre os diversos recintos, polo menos un ou dous foxos (un deles sempre cuberto por auga). Portas, poternas, pontes levadizas e barbacás completarían un conxunto que en palabras dunha das testemuñas nas que coinciden varias delas "... e que hera alderredor cercada que paresçía una ciudad"
Historia miniatura|Muro noroeste
O castelo foi construído polo arcebispo Xoán Arias cara ao ano 1240 e, dende entón, serviu como residencia arcebispal e do cabido, sendo testemuña de gran parte da historia medieval de Santiago. No ano 1255 aparece a primeira mención documental da fortaleza en relación coas constitucións capitulares de Xoán Arias.
Tamén se rexistrou a reconstrución realizada por Berenguel de Landoira despois dos estragos causados polos cidadáns de Compostela no 1320, no que foi o primeiro enfrontamento documentado de moitos que tiveron lugar entre o concello e o bispado estando á fronte da sublevación Afonso Suárez de Deza, personaxe da familia dos Deza-Churruchaos e mordomo do fillo de Sancho IV de Castela, o infante Felipe. Estas loitas recolléronse no documento "Hechos de Don Berenguel de Landoira" no que se narra que no día da Purificación os cidadáns de Compostela atacaron e incendiaron o castelo, tendo que volver a ser levantado polo arcebispo.
Modificacións substantivas tamén foron as feitas polo sureño arcebispo Lope de Mendoza.
O día da Ira miniatura|Base dun dos torreóns
Algúns dos momentos máis intensos da súa historia vivíronse durante o convulso século XIV. O Papa Xoán XXII nomeou o dominico francés Berenguel de Landoria arcebispo da rica e influente sé de Santiago de Compostela. Cando Berenguel chegou a Santiago no 1318, atopa as portas pechadas. A cidade estaba levantada en armas contra o Arcebispo. Os burgueses composteláns querían conseguir que o Concello pasara a depender da Coroa no canto da Igrexa, coa intención de obter as vantaxes de ter a fonte de poder señorial máis afastada. Esta condición perdérana no ano 1309, xa que Fernando IV lle concedeu o señorío ao Arcebispo Rodrigo de Padrón en agradecemento á axuda prestada na toma de Alxeciras.
Berenguel de Landoria refúxiase no Castelo da Rocha e dende alí acomete as negociacións cos burgueses. Refuxiouse tamén en Noia (onde en agradecemento ao apoio ordenou construír as murallas da vila e a Igrexa de Santa María a Nova) e Padrón, na desaparecida Fortaleza da Rocha Branca. Despois de meses de enfrontamentos, unha embaixada de burgueses en representación do Concello de Santiago acode á Rocha para negociar. Os soldados do arcebispo, bruscamente, pechan tódalas portas do Castelo e asasinan os representantes da cidade. Era o 16 de setembro do ano 1320, o día da Ira. Once representantes composteláns caen mortos acoitelados no patio do Castelo, entre eles, o autor dos "Hechos de Don Berenguel de Landoira" dá os nomes do propio Suárez de Deza, ao que denomina "Satélite de Satanás", os seus parentes os irmáns Andrade, Martín Martínez (cóengo), Juan Varela (infanzón), Juan García de Mesía e o notario Gonzálo Yáñez.
A cabeza de Alonso Suárez de Deza roda sobre o patio do castelo. O 27 de setembro asinouse a paz entre as partes no adro da Igrexa de Santa Susana (lugar onde se reunía tradicionalmente o concello de Santiago) por medio da cal o arcebispo recuperou o control da cidade. A continuación procederá a fortificación da catedral, incluíndo a famosa Torre da Berenguela.
A lenda dos Churruchaos miniatura|Muros de construcións dentro do recinto principal
A tradición popular transmitiu estes feitos recollidos na actualidade en diversas formas:
"Hai moito tempo houbo un capitán que tiña unha filla moi fermosa e desexada por moitos homes. O capitán tivo que partir a guerrear a África, ocasión que aproveita o arcebispo compostelán para raptala, pechándoa no Castelo da Rocha. Nesta fortaleza habitaban os Churruchaos, unha morea de asasinos e ladróns que asaltaban e roubaban en toda a rexión protexidos polo arcebispo.
Tras ter coñecemento de todo isto, o capitán regresa a Santiago o día da festa do Corpus, durante a celebración da procesión pola cidade; ao chegar a Rúa da Balconada o capitán no seu cabalo, e coa armadura posta, arremete contra o arcebispo coa súa espada dándolle morte alí mesmo, feitos que recolle unha copla popular:
"Preto da rúa do Villar,
na rúa da Balconada,
mataron al arcebispo
por celos de una madama".
miniatura|Escaleiras a habitáculos subterráneos non escavados
A tradición di que, tralo crime, a rúa foi purificada con sal e pechada.
A continuación dirixiuse cara ao Castelo da Rocha, cercouno e derrotouno, deixando nel a tódolos churruchaos mortos entre as ruínas do castelo. Complemento desta lenda é o dito de que neste lugar se ve, ás veces, unha galiña con pitos de ouro, chamada pita dos Churruchaos e que só se deixa ver un intre e nunca se lle volve a aparecer á mesma persoa".
Os feitos reais que están detrás desta lenda ocorreron en 1366, tendo como escenario o das loitas sucesorias entre Henrique II de Trastámara e Pedro I O Cruel. Naquel entón rexía a sé compostelá Suero Gómez de Toledo. O rei visita Compostela e o arcebispo recíbeo nas súas portas retirándose despois a Rocha Forte. Os receos pola simpatía que profesaba a Henrique fai que decidan asasinalo, citando ao bispo despois da sesta. Entrando ao Obradoiro foi acoitelado por Fernán Pérez Churruchao e Alfonso Gómez Gallinato, en presenza do rei, espectador privilexiado dende as torres da catedral. Tratouse dun crime, en definitiva, motivado máis por intereses políticos que sentimentais.
Os recordos que recolle a tradición dos desmáns das xentes do castelo ocorreron previsiblemente desde a súa construción pero especialmente son recordados os sucedidos na primeira metade do século XV e que tamén recordan as testemuñas máis vellas do Preito Tabera-Fonseca. Cómpre por último resaltar que os churruchaos non foron os donos e autores dos desmáns senón inimigos do poder arcebispal e polo tanto do castelo e os seus moradores.
O sitio do Castelo