Antonio Ramis y Ramis, nado en Maó, Menorca, o 29 de abril de 1771 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1840, foi un historiador, arqueólogo, numismático e avogado balear.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Antonio Ramis naceu en Maó en 1771, fillo máis novo dos cinco que tiveron os curmáns Catalina Ramis y Calafat e Bartomeu Ramis Serra, avogado, procedentes da vila de Inca. Entre os seus irmáns estaban o tamén xurista e historiador Juan Ramis (1746-1819) e o avogado e tradutor Pedro Ramis (1748-1816).Bover, J. M. (1868) . Páxina 219.
Antonio Ramis formouse como xurista e acadou o doutoramento en Dereito Civil e Dereito Canónico na Universidade Literaria de Mallorca, o 31 de outubro de 1793.
Traxectoria profesional e erudita A súa actividade profesional estivo vinculada ao mundo da avogacía, seguindo a tradición familiar, e chegou a ser nomeado asesor da alcaldía o 24 de abril de 1802. Tamén foi académico correspondente da Real Academia da Historia (RAH), desde o 31 de decembro de 1819, socio correspondente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Mallorca na década de 1830, e membro da Sociedade de Anticuarios de Francia, así como da efémera Academia Mallorquina de Literatura, Antigüidades e Belas Artes, fundada por Joaquín María Bover, con quen mantivo unha estreita relación."Antoni Ramis i Ramis". En Diccionari enciclopèdic d'historiografia catalana. Grup Enciclopèdia Catalana, Barcelona.Maier Allende, J. "Antonio Ramis y Ramis". Real Academia de la Historia (RAH.es)."Antoni Ramis i Ramis 1771-1840". Ajuntament de Maó (Ajmao.org).Bover, J. M. (1868) . Páxinas 219-220.
Ramis concibiuse e valorouse adoito como o derradeiro representante do grupo de ilustrados menorquinos. No ámbito da historiografía, continuou a apostar polos ideais ilustrados e enciclopedistas burgueses da segunda metade do século XVIII e que, en Menorca, se materializaran de cheo na constitución e no funcionamento da Sociedade Maonesa. A súa obra está conformada pola publicación dunha vintena de traballos, desde artigos para o Diario de Menorca ata opúsculos sobre temas históricos, numismáticos ou epigráficos, entre os anos 1820 e 1839.
A unión entre os irmáns fíxose máis estreita cando Antonio contraeu matrimonio cunha filla de Juan. E á morte de Juan en 1819, Antonio herdou todos os seus bens, o que lle concedeu unha desenvoltura económica como para se dedicar integramente aos seus estudos de carácter histórico.Bover, J. M. (1868) . Páxina 220. Dalgún xeito, a súa obra foi, xa que logo, continuación da do seu irmán maior e, como aquel, dedicouse en exclusiva á historia de Menorca e moi ocasionalmente á doutras illas baleares.
Morte e legado Antonio Ramis morreu en Maó o 17 de febreiro de 1840, e recibiu post mortem o nomeamento como "Menorquino Ilustre", o 28 de decembro de 1866.
O seu fondo persoal consérvase na Biblioteca Pública de Maó, onde se conservan catro tomos manuscritos, tres deles moi voluminosos, cunha ampla información recompilada sinaladamente dos arquivos da Real Gobernación e Real Patrimonio, entre outras fontes. En época recente, a editora Edicions Nura levou a cabo reedicións facsimilares dalgunhas das súas obras.
Publicacións
Estes son algúns dos traballos máis significativos da traxectoria de Antonio Ramis y Ramis ao longo da súa traxectoria:Bover, J. M. (1868) . Páxinas 220-223.
Escolma de monografías (1822). Inscripción copiada de una plancha de bronce que se encontró en 1821 en las cercanías de Constantina. (1824). Noticia de las pestes de Menorca. (1824). Descripción del monetario del difunto Dr. D. Juan Ramis y Ramis. (1826-1838). Noticias relativas á la isla de Menorca (7 volumes). (1828) Ensayo sobre algunas inscripciones y otros puntos de antigüedades. (1830). Manifiesto que hace al público la ciudad de Mahón sobre ser la capital de Menorca. (1832). Memoria sobre el Real Patrimonio de Menorca, y una moneda del Rey D. Alfonso relativa á ella, Idea del antiguo Directorio, ó Libro de los Bayles, y Almotacenes de la Isla, y Suplemento del Pariatje. (1832). Fortificaciones antiguas de Menorca. (1833). Inscripciones relativas á Menorca y noticias de varios documentos descubiertos en ella. (1836). Ilustraciones á una inscripcion romana descubierta en la isla de Ibiza. (1838). Observaciones que para rectificacion de los abusos se notan en la talla vecinal de Menorca propone A. R. y R. (1839). Disertación sobre unas monedas atribuidas á la antigua Ebusus, hoy isla de Ibiza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bagur, J. (1999). “La protoantropologia de germans Ramis”. En Enciclopèdia de Menorca. Vol. XIV. Obra Cultural de Menorca, Maó. Páxina 24. Bover, J. M. (1868). "Ramis (Antonio) ". En Biblioteca de escritores baleares. Vol. II. Imprenta de Pedro José Gelabert, Palma. Páxinas 219-223 Murillo, A. (1989). “Antoni Ramis i Ramis. L’home, l’obra i l’època”. En Revista de Menorca. Páxinas 191-204.
Categoría:Nados en Maó Categoría:Nados en 1771 Categoría:Finados en 1840 Categoría:Historiadores de España Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Epigrafistas Categoría:Avogados de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes