Eduardo Vigo Domingues, é un activista e independentista galego. Vigo foi un dos primeiros independentistas galegos condenados en 2013 por pertencer a Resistência Galega, cunha condena de 18 anos de cárcere, rebaixada posteriormente polo Tribunal Supremo a 13 anos e 9 meses. O 24 de maio de 2024, Rodríguez Fialhega saíu do cárcere da Lama logo de cumprir a condena.

Traxectoria Foi detido nun control de estrada en Vigo no ano 2011. En xuño de 2013, Vigo foi acusado, xunto a María Osorio, Antom Santos Peres e Roberto Rodríguez Fialhega de pertencer á organización terrorista Resistência Galega, por posesión de explosivos e por falsificación de documentos. Os maxistrados consideraron que Rodríguez Fialhega e Vigo se reuniron o mesmo día da súa detención para entregar tres termos con explosivos. Nos fogares de Rodríguez Fialhega e Vigo atopáronse unha pota 3,2 quilos de substancias explosivas, documentación falsa, listas de posibles obxectivos e un manual sobre técnicas de interrogatorio da CIA. No xuízo aos catro independentistas considerouse probada a existencia da banda armada terrorista Resistência Galega, o cal sempre negaron os acusados. Nun principio, Vigo Domingues foi condenado a 18 anos de cárcere, mais posteriormente, o Tribunal Supremo de España rebaixou a pena a 13 anos e 9 meses.

O 24 de maio de 2024, Vigo Domingues saíu do cárcere da Lama logo de cumprir a condena.

Notas

Categoría:Membros de Resistência Galega