Segundo Vila Torres, nado en Pompeán (Paradela, Meis) en 1840 e finado no pazo da Moroza (Paradela) o 12 de xaneiro de 1914, foi un político galego. Traxectoria Foi alcalde de Meis en 1876, e foi tamén xuíz de paz. Vida persoal Casou con Carmen Betanzos Salgado, e tras quedar viúvo casou coa sobriña da súa muller, Carmen Salgado Betanzos. Foi tío do avogado Juan Salgado. As súas herdeiras foron as súas sobriñas Carmen e Josefa Romay Vila.
Notas
Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Alcaldes de Meis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Meis Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos