Étienne Clémentel, nado en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) o 11 de xaneiro de 1864 e finado en Prompsat (Puy-de-Dôme) o 25 de decembro de 1936, foi un político francés.

Militou no socialismo radical e era seguidor do solidarismo.

Traxectoria Formouse como avogado especializado en propiedades inmobiliarias. Serviu como membro da Asemblea Nacional de Francia dende 1900 a 1919 e como Senador francés dende 1920 a 1936. Tamén serviu como Ministro de Ultramar dende o 24 de xaneiro de 1905 ao 14 de marzo de 1906, como Ministro de Agricultura dende o 22 de marzo de 1913 ao 9 de decembro de 1913 e Ministro de Finanza desde o 9 de xuño de 1914 ao 13 de xuño de 1914. Foi o primeiro presidente do Tribunal Internacional de Arbitraxe. Foi Ministro de Comercio, Industria, Correos e Telégrafos dende o 29 de outubro de 1915 ao 27 de novembro de 1919.

Tamén foi pintor e fotógrafo. Algúns dos seus traballos atópanse no Musée d'Orsay.

Legado O seu busto, esculpido por Auguste Rodin, atópase no Musée Rodin.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Artigos de prensa sobre Étienne Clémentel nos 20th Century Press Archives na ZBW.

Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados en Clermont-Ferrand Categoría:Ministros de Francia