200px|dereita|miniatura|Imaxe que representa o sistema de levantamento de muros por cachotaría 200px|dereita|miniatura|Aínda que irregular, a disposición das pedras na cachotaría non é completamente arbitraria: véxase se non a impresión de estabilidade que causa a imaxe dun muro rotada 90º A albanelaría é a técnica de colocación de pedras para a construción. Pode subdividirse en:
cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas; cachotaría ou cachotería: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares; un tipo particular desta é a cachotaría ciclópea. perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos; Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).
Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou beleza.
Nomenclatura As caras que conforman unha peza de perpiaño segundo a súa posición no edificio teñen uns nomes moi específicos no léxico galego, que son: paramento: é a cara que dá ó exterior; sobreleito: é a base sobre a que se apoia a pedra por gravidade; leito: é a cara oposta á base; xuntas: son os laterais da peza que contactan con outras pedras; extradorsoDo italiano "estradosso", este do latín extra, fora, e dorsum, dorso: é a cara que dá ó interior da construción; Loxicamente, as formas irregulares da cachotaría impiden que se lle dean uns nomes estables para cadansúas caras. De tódolos xeitos, cómpre dicir que o perpiaño é unha técnica máis moderna cá cachotaría, e pode incluír distintas técnicas con dificultade gradualmente maior, o cal mesmo permite datar relativamente restos arqueolóxicos (por exemplo, no Castelo da Rocha Forte).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Perpiaño. Cachotería e cachotería ciclópea. Cantaría.
Categoría:Construción