David Rolfe Graeber, nado en Nova York o 12 de febreiro de 1961 e finado en Venecia o 2 de setembro de 2020, foi un antropólogo e anarquista estadounidense.
Traxectoria
Graeber tivo unha vida de activismo político e social, incluíndo o seu papel nas protestas contra o Foro Económico Mundial na cidade de Nova York (2002). Foi membro da organización sindical Industrial Workers of the World (en galego, Traballadores Industriais do Mundo) e un dos precursores do movemento Occupy Wall Street.
Notas
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1961 Categoría:Universidade Yale Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Anarquistas dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Profesores da London School of Economics