é un filme xaponés de animación de 2022 dirixido e escrito por Makoto Shinkai. O filme conta a historia de Suzume Iwato, unha moza de secundaria de 17 anos e un estraño mozo, Souta Munakata, que se unen para evitar unha serie de desastres en todo o Xapón selando as portas que atravesa un colosal verme sobrenatural que provoca terremotos.

Producido por CoMix Wave Films, conta coas voces de Nanoka Hara e Hokuto Matsumura, con deseños de personaxes de Masayoshi Tanaka, dirección de animación de Kenichi Tsuchiya, dirección de arte de Takumi Tanji, e a partitura musical foi composta por Radwimps e Kazuma Jinnouchi, polo que é a terceira colaboración de Shinkai con Radwimps e Tanaka, despois de Your Name (2016) e O tempo contigo (2019). O filme comezou a producirse a comezos de 2020, e finalmente anunciouse que estaba rematada en outubro de 2022. Os seus temas inspiráronse no terremoto e tsunami de Sendai de 2011. Unha adaptación á novela, tamén escrita por Shinkai, e unha serie manga ilustrada por Denki Amashima foron lanzados antes da estrea do filme.

Personaxes Personaxe Actor Voz en xaponés Nanoka HaraAkari Miura (nena) Hokuto Matsumura Eri Fukatsu Shota Sometani Sairi Ito Kotone Hanase Kana Hanazawa Matsumoto Hakuō II Ryunosuke Kamiki Ann Yamane Aimi

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Makoto Shinkai Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes ambientados en 2023