Xosué, Joshua ou Yehoshua (hebreo: יְהוֹשֻׁעַ, israelí: Yəhoshúa,Yehōšua, lit.: Iavé é salvación) foi un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo,Biblia, Libro do Éxodo 17:9–14 no Libro dos Números,Biblia, Libro dos Números 13:8 e máis no Libro de Xosué, segundo os cales foi escollido por Iavé para suceder a Moisés como líder dos israelitas durante a conquista de Canaán. Conquistou a maior parte do territorio da Terra Prometida e distribuíuno entre as Doce tribos de Israel.Philip Wilkinson, Religiões (Religions, 2008), Río de Xaneiro: Zahar, 2011, p. 297.

O seu nome de nacemento, segundo o Libro dos Números, era Oseas ( Hōšēa), pero foi cambiado polo seu predecesor e mestre, Moisés. O relato bíblico sitúase cronoloxicamente arredor do 1230–1210 a. C..Catholic.net, consultado o 24 de agosto de 2014.

É venerado polo xudaísmo, o cristianismo e o islam.Dentro do islam é coñecido como "Yusha" (Wilkinson, Religiões, p. 297).

Traxectoria Segundo a tradición bíblica, Xosué pertencía á tribo de Efraím e foi un dos doce espías enviados por Moisés para explorar Canaán.Biblia. Libro dos Números 13:8. Tras a morte deste, recibiu de Deus o encargo de guiar o pobo e levar a cabo a conquista, incluída a célebre caída das murallas de Xericó.Libro de Xosué 6:1–27. esquerda|miniatura|Xosué pregando a Deus que pare o curso do Sol, por Gustave Doré. Na tradición xudía e cristiá é considerado un profeta e un exemplo de fidelidade á lei mosaica.

No cristianismo, a súa figura tamén é interpretada como un precedente simbólico de Xesús de Nazaret, dado que comparten a mesma etimoloxía do nome (Yehoshua/Yeshuá).

A súa memoria é celebrada en distintas tradicións relixiosas, e o Libro de Xosué constitúe a primeira parte da chamada Historia Deuteronomista dentro do Antigo Testamento.

Cultura contemporánea No ámbito cultural moderno, o nome aparece en obras de arte, literatura e mesmo na música contemporánea. A Joshua tree (Yucca brevifolia) é unha especie de iuca arbórea do deserto de Mojave, nos Estados Unidos, bautizada polos colonos mormóns en referencia bíblica a Xosué, e deu nome ao disco The Joshua Tree da banda irlandesa U2, que emprega a referencia de forma simbólica.

Notas

Véxase tamén

Libro de Xosué Xosué (nome) Moisés Xericó Xesús Joshua Tree (homónimos) The Joshua Tree (álbum) Jossua Tree (filme) Yucca brevifolia

Categoría:Personaxes do Antigo Testamento Categoría:Profetas