Ricardo G. Carballal Lafourcade, nado en Muras na década de 1880 e finado na Coruña o 16 de novembro de 1922, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Emigrado en Cuba, colaborou en Follas Novas, Nova Galicia de Buenos Aires e Galicia; fundou e dirixiu Santos e Meigas, colaborou en Airiños d’a Miña Terra e dirixiu a revista Suevia. Foi vogal do Comitñe Redencionista da Habana.La Voz de Galicia, 21-4-1910, p. 1. Visitou Galicia en maio de 1911.Nova Galicia, 7-5-1911, p. 5. Retornado a Galicia cara a 1913,Diario de la Marina, 18-3-1913, p. 5. foi un dos fundadores e membro do consello directivo das Irmandades da Fala da Coruña, colaborou en Coruña Cómica, A Nosa Terra (da que foi administrador e redactor), Verdad y Justicia e Acción Coruñesa, e foi administrador de El Noroeste. Utilizou o pseudónimo V. Ulcano. Foi vogal da directiva da Asociación da Prensa da Coruña.El Ideal Gallego, 18-1-1922, p. 2. Finou na Coruña o 16 de novembro de 1922.La Voz de Galicia, 17-11-1922, p.4.La Zarpa, 19-11-1922, p. 1.
Obras O tesouro acobillado, 1919.Obra en Galiciana De min para vós, 1928.Ficha en Galiciana O tesouro acobillado e outros relatos, 2017.O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
A prosa de ficción de Carballal en 'O tesouro acobillado e outros relatos' La prosa de ficción de Carballal Lafourcade
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1922