Eusebio Poncela Aprea, nado en Madrid o 15 de setembro de 1947 e finado no Escorial (Madrid) o 27 de agosto de 2025, foi un actor, produtor e guionista español. Forxado no teatro do final do franquismo, o seu traballo en series de éxito e a súa vinculación co cinema de autor convérteno nun dos actores máis representativos da Transición e dos primeiros anos da democracia. En Galiza rodou Os gozos e as sombras e Continental. Traxectoria Despois de licenciarse en Arte Dramática, comezou a actuar no teatro a mediados dos anos 60. Debutou coa obra Mariana Pineda. Protagonizou Romeo e Xulieta xunto a María José Goyanes e un dos seus primeiros éxitos no teatro é Marat-Sade en compañía de Adolfo Marsillach. A partir de 1970 compaxinou a súa actividade teatral co cine e televisión; para Estudio 1 protagonizou, entre outros, Los bandidos, de Schiller, xunto con Juan Diego e Marisa Paredes.
Participa en filmes como Fuenteovejuna ou La muerte del escorpión, alternando papeis protagonistas e secundarios.
Destaca co filme Arrebato (1979), unha película innovadora de Iván Zulueta onde o poder absorbente da heroína corre paralelo ao poder hipnótico da imaxe. É unha película de vangarda, tanto na súa forma como no seu contido. Estreouse no contexto do movida madrileña e, a pesar do seu éxito, permaneceu na sombra durante os anos 80 e anos 90, até a súa reestrea en 2002 e a súa reedición en DVD.
Ese mesmo ano protagoniza Operación Ogro, dirixida por Gillo Pontecorvo.
O grande éxito de popularidade chega co seu papel de Carlos Deza na serie ambientada en Galiza Os gozos e as sombras (1982), adaptación da obra literaria de Gonzalo Torrente Ballester con Charo López, Amparo Rivelles e Carlos Larrañaga nos demais papeis principais. Anteriormente participara en Curro Jiménez e máis tarde, tamén para TVE, protagonizou Las aventuras de Pepe Carvalho, primeira adaptación como serie das novelas de Manuel Vázquez Montalbán. En Galiza rodou tamén Continental de Xavier Villaverde, en 1989, un dos primeiros filmes do cine galego após o franquismo.
Na década de 1980 converteuse nun actor popular no cine español. En 1986 participou na película Matador producida por Andrés Vicente Gómez baixo a dirección de Pedro Almodóvar. Ao ano seguinte participa en La ley del deseo, que conta a historia de Pablo (E. Poncela), un director de cine homosexual que coñece a Antonio (Antonio Banderas) a noite da estrea dunha das súas obras, que levará a tráxicas consecuencias.
Traballou con directores españois como Francisco Regueiro, Carlos Saura (El Dorado), Imanol Uribe (El rey pasmado) e Pilar Miró (Werther) entre outros.
Durante un tempo trasladouse a Arxentina, onde recibiu a chamada de Adolfo Aristarain para interpretar a Dante en Martín (Hache), recibindo excelentes críticas. En 1993, participou como protagonista no videoclip Matador da banda de rock Los Fabulosos Cadillacs.El infierno íntimo de Eusebio Poncela, El País, 28 de xaneiro de 1996
En 2001 compartiu o papel protagonista con Ángela Molina en Sagitario, a estrea como director de Vicente Molina Foix, e aparece na miniserie Viento del pueblo, biografía de Miguel Hernández interpretada por Liberto Rabal. Outros filmes recentes son Tuno negro, Los Borgia ou Teresa, el cuerpo de Cristo.
Seguiu a súa carreira no teatro en coproducións como Intacto, xunto con Max von Sydow, pola que foi candidato ao Premio Goya como mellor actor, ou a arxentina Hermanas, de Julia Solomonoff, que repasa o antes e despois da ditadura militar.
En 2004 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía Nacho Martínez que cada ano concede o Festival Internacional de Cinema de Xixón.
En 2015 na serie Carlos, Rey Emperador interpretou ao cardeal Cisneros, papel que xa interpretara anteriormente na serie Isabel. Tamén este ano aparece como Cisneros nun episodio da primeira tempada de El Ministerio del Tiempo.
Filmografía
La corona partida (2016) Bluu, last days of Ibiza (2013) Querida, voy a comprar cigarrillos y vuelvo (2011) La herencia Valdemar (2010) I Come with the Rain (2009) Teresa, el cuerpo de Cristo (2007) Los Borgia (2006) Remake (2006) Hermanas (2005) Occhi di cristallo (2004) Barbie también puede estar triste (2003) La agonía (2003) 800 balas (2002) Intacto (2001) Vidas privadas (2001) Cabecita rubia (2001) Sagitario (2001) Tuno negro (2001) Luz de inocencia (2000) La sombra de Caín (1999) La sonámbula, recuerdos del futuro (1998) La casa de Tourneur (1997) Martín (Hache) (1997) La balada de Donna Helena (1994) Una sombra ya pronto serás (1994) El beso del sueño (1992) El laberinto griego (1992) El juego de los mensajes invisibles (1991) El rey pasmado (1991) El invierno en Lisboa (1990) Delirios de amor: Capítol Párpados (1989) Continental (1989) Diario de invierno (1988) El Dorado (1988) La ley del deseo (1987) Matador (1986) Werther (1986) El arreglo (1983) Valentina (1982) Entre paréntesis (1982) Just a film (Una película) (1981) Sus años dorados (1980) Arrebato (1979) Operación Ogro (1979) Una historia (1978) Mi blanca Varsovia (1978) In Memoriam (1977) La muerte del escorpión (1975) Larga noche de julio (1974) El asesino está entre los trece (1973) Separación matrimonial (1973) Zumo (1972) La casa sin fronteras (1972) Fuenteovejuna (1972) La semana del asesino (1972) Pastel de sangre (1971)
Obras de teatro
El beso de la mujer araña (2022-2023) El sirviente (2019) Esta no es La Casa de Bernarda Alba (2017) Una Luna Para Los Desdichados (A Moon For The Misbegotten) (2012) Las estrellas nunca mueren (2010) Edipo. Una trilogía: Edipo Rey, Edipo en Colono e Antígona (2009) Macbeth (2004) Diálogo en re mayor (1996) Los bellos durmientes (1994) Casi una diosa (1993) Guerrero en casa (1992) Catón (1989) El hombre del destino (1989) Orquídeas a la luz de la luna (1988) Locos de amor (1985) La gata sobre el tejado de zinc (1984) Cementerio de automóviles (1977) Chao (1972) Sabor a miel (1971) Romeo y Julieta (1970) Marat-Sade (1968) Mariana Pineda (1967)
Televisión
Matices (2025) Merlí: Sapere aude - Segunda tempada (2021) El accidente (2017-2018) Águila Roja (2015-2016) Carlos, Rey Emperador (2015) El Ministerio del Tiempo (2015) Isabel (2013-2014) El pacto (2011) Hermanos y detectives (2007) Ausiàs March (2003) Viento del pueblo: Miguel Hernández (2002) El secreto de la porcelana (1998) Un día volveré (1993) Las aventuras de Pepe Carvalho (1986) Los gozos y las sombras (1982) El juglar y la reina (1978) Padres e hijos (1978) Curro Jiménez (1977) El quinto jinete (1975) El Teatro: Fuenteovejuna (1975) Estudio 1 - 6 episodios (1974-1981) Los libros (1974-1977) Novela (1972-1977) Hora once (1971-1972) Cuentos y leyendas (1968-1974)
Premios e nomeamentos
Premios Iris
Ano Categoría Serie de televisión resultado 2016 mellor actor Carlos, Rei Emperador Gañador
Premios Cóndor de Prata
Ano Categoría película resultado 1998 Mellor actor secundario Martín (Hache) Gañador
Premios Goya
Ano Categoría película resultado 2001 mellor actor intacto Nomeado
Premios Sant Jordi
Ano Categoría película resultado 1997 Mellor actor español Martín (Hache) Gañador 1983 Mellor actor español El arreglo Gañador 2017 Premio especial á traxectoria profesional Gañador
Fotogramas de prata
Ano Categoría traballo resultado 1983 Mellor actor de cine El arreglo Nomeado 1982 Mellor intérprete de televisión Os gozos e as sombras Nomeado
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría traballo resultado 2014 Mellor actor secundario de televisión Isabel Nomeado
Fantasporto Mellor actor en 1980 por Arrebato
Premios ACE de Nova York: Mellor actor en 1986 por Werther
Festival Internacional de Cinema de Xixón Premio Nacional de Cinematografía Nacho Martínez (2004)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Novas sobre Eusebio Poncela no xornal ABC Novas sobre Eusebio Poncela no xornal El País
Categoría:Actores de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2025